martes, 10 de marzo de 2009

COMO CADA PRIMAVERA

Nada máis empezar o mes de marzo (se non chove, claro) ou en canto empezan as árbores a soltar polen, empezo a sentir estos síntomas: picazón de ollos e nariz, lagrimeo, ollos roxos e hinchados, estornudos, cansancio, etc, etc, etc. Vamos, o que se coñece comunmente como alerxia ó polen. Ó polen das chamadas "plantas anemófilas", que polinizan polo vento. Ese polen amarillo que nesta época soltan os pinos e que non deixa nin lavar o coche nin limpar as fiestras, porque ós 5 minutos volven estar iguais.

E como todos sabedes, canto máis chova no inverno máis concentración de polen haberá no ambiente en primavera. Pois, visto o visto, espéranme uns meses bastante jodidos. Para poder evitar, en gran medida, estes síntomas teño que:

  • Non abrir as ventás da casa nin as ventanillas do coche; vivir a base de aire acondicionado con filtros de polen.
  • Non saír da casa antes das 11 da mañá, xa que a concentración de polen é maior.
  • Non saír nos días de vento sen tomar algún tipo de tratamiento.
  • Usar mascarillas e gafas para evitar un maior contacto co polen.

Así que, en resumidas contas, ou quedo na casa durante o tempo que dure ou me disfrazo para saír á rúa. Mellor vou optar por "drogarme" cunhas pastillas relativamente milagrosas que teño que empezar a tomar...xa. Ah, e esperar ós 50, que é cando din que tende a mellorar.

3 comentarios:

piti dijo...

viches a peli esta dun rapaz k vivia nunha burbuxa de plastico? pois ti o mesmo.esta tempada parecera k estas sempre acatarrada.en fin k o leves o mellor posible

Anónimo dijo...

nada,nada!!!
maskarilla koma michael jackson, unhas gafas de bucear, unha bombona de osixeno na mochila, un jorro da piscina e a resistir a primavera, non keda outra...

Anónimo dijo...

Tamén che queda a opción de irte de vacacións a un pais que sexa inverno...
Aproveitas para esquiar, facer snow, bonecos de neve...