martes, 24 de marzo de 2009

TODA UNHA PROFESIONAL

Un novo cachivache nas miñas mans; e todo gracias a ti, Sr. Kamino. Agradécese, que así aforro unhas pelillas a fin de mes.

Levo dous días ca máquina esta de liar tabaco e, como dí o título, xa son toda unha profesional. Xa que agora se leva todo por máquinas...eu non vou ser menos. Pero claro, só por a semana. Porque se teño que saír con tódolos bártulos no bolso...necesitaría unha maleta. E que sepades, os que facedes os pitillos a man, que é moito máis rápido e...¿fácil? Pois non sei. Eu aínda non probei a facelos sen esta supermáquina.

lunes, 23 de marzo de 2009

FELICIDADESSSSSS

Xa facía tempo que non poñía un cumpleanos. Esto recór- dame que outra vez a gastar cartiños(jejeje).

Tocouche Piti. A todos nos chega o día. E eso que a ti, nestes días, botáronche menos anos dos que realmente tes. Que son 27, a ver se vos enterades. Xa pronto cambia o 2 polo 3. Menos mal que estou eu aquí para aclaralo todo. Pois eso neniño, que o pases moi ben; aínda que para eso mellor non ter que traballar ¿non? O finde, o finde todo o día e a noite por ahí de festa e borrachera. E acórdate de invitar a algo. Que non se che olvide, que eso é o máis importante. A ver se tes sorte e hai algún regaliño por ahí.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MoiTaS FeLiCiDaDeS!!!!!!!!!!!

martes, 10 de marzo de 2009

COMO CADA PRIMAVERA

Nada máis empezar o mes de marzo (se non chove, claro) ou en canto empezan as árbores a soltar polen, empezo a sentir estos síntomas: picazón de ollos e nariz, lagrimeo, ollos roxos e hinchados, estornudos, cansancio, etc, etc, etc. Vamos, o que se coñece comunmente como alerxia ó polen. Ó polen das chamadas "plantas anemófilas", que polinizan polo vento. Ese polen amarillo que nesta época soltan os pinos e que non deixa nin lavar o coche nin limpar as fiestras, porque ós 5 minutos volven estar iguais.

E como todos sabedes, canto máis chova no inverno máis concentración de polen haberá no ambiente en primavera. Pois, visto o visto, espéranme uns meses bastante jodidos. Para poder evitar, en gran medida, estes síntomas teño que:

  • Non abrir as ventás da casa nin as ventanillas do coche; vivir a base de aire acondicionado con filtros de polen.
  • Non saír da casa antes das 11 da mañá, xa que a concentración de polen é maior.
  • Non saír nos días de vento sen tomar algún tipo de tratamiento.
  • Usar mascarillas e gafas para evitar un maior contacto co polen.

Así que, en resumidas contas, ou quedo na casa durante o tempo que dure ou me disfrazo para saír á rúa. Mellor vou optar por "drogarme" cunhas pastillas relativamente milagrosas que teño que empezar a tomar...xa. Ah, e esperar ós 50, que é cando din que tende a mellorar.

miércoles, 4 de marzo de 2009

MENUDAS ESTRELAS

Levo meses querendo colgar este vídeo, pero ou olvidába- seme ou poñía outra cousa. E agora como non se me ocurre que poñer...pois ahi vai.

¿Acordádesvos de "Lluvia de Estrellas"? Pero non o de maiores, non; o dos rapaces, que era moito máis chulo e divertido, aínda que fora playback. Claro que eu nese tempo por ahí andaba (máis ou menos). Pois o día que vin a esta rapaciña (sí, acórdome) paseino pipa. E cada vez que o vexo, gústame e ríome máis. Víveo de verdade. Pena que non atopo o vídeo completo, pero como aperitivo sirve perfectamente.

lunes, 2 de marzo de 2009

A FEIRA DO QUEIXO

Dentro de dous fins de semana celébrase en Arzúa unha nova edición da Festa do Queixo e, xuzgando polo ben que o pasei o ano pasado, tiña pensado ir. Ademáis, tiña ganas de ver a un grupo que ía estar pero que agora resulta que non. Se queredes ver o programa xa verificado (que algúns mirastes mal) pulsade aquí.

Pero resulta que navegando por internet, entérome que o mesmo sábado está Avalanch na
Sala Capitol de Santiago. E agora decídeme: vendo o cartel...¿que preferides? ¿Arzúa ou Santiago? Eu teño unha idea: ir a Santiago a ver o concerto e despois ir para Arzúa. ¿Quen dixo que non se pode ter todo?