martes, 17 de febrero de 2009

OS PRIMEIROS REGALOS



Só houbo unha personiña que me veu visitar e facer compañía o día do meu cumple (por certo, grazas) e troixome estos regalos. Ademais de uns mecheros (que andaba escasa, todo hai que decilo) e unha chaqueta/ cazadora chula chula chulísima (pero que non me sirve) que...non, non é como as zapatillas nin a manta. Se tivera sorte e houbera unha talla máis...

Agora a esperar a ver que cae cando chegue á casa, jajaja.

domingo, 15 de febrero de 2009

FELICIDADES PARA......MUÁ

Weno, pois oficialmente xa é o meu cumpleanos. E ofi- cialmente xa son un ano máis vella. Como puxen os cumpleanos de todos (ou case todos) os amigos e familiares...tocarame a min disfrutar dunha entradiña, xa que é o meu blog.

Que triste ¿verdade? Quedar na casa o día do meu 23 cumpleanos, sen poder saír a celebralo. Nin os amigos me veñen sacar da casa. Vou afogar as penas en licor 43 eu soa, toda a noite. E soplar unhas veliñas; polo menos para pedir un desexo. Gracias, de antemán, a quen se acorde e me felicite, jajaja.

¡¡¡¡¡¡¡FeLiCiDaDeS a min mesma!!!!!!!

jueves, 12 de febrero de 2009

A VER SE FORA CERTO

Sempre se di que despois da tormenta ven a calma. Esta é a suposta previsión para este fin de semana (porque xa se sabe que moito moito non acertan). Sol, subida de temperaturas e fora chuvia e neve. Pero...canto durará???


Pois espero que dure máis do que di o mapa do luns, porque xa aparecen de novo algunhas nubes. A ver se Lorenzo se anima e bota con nos unha temporadiña. A min non debería importarme moito xa que case non vou sair da casa, pero son tan boa tan boa que non quero que o resto da xente pase frío nin se molle. A disfrutar do sol (por vos e por min).

miércoles, 11 de febrero de 2009

ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 4)

Penúltimo vídeo de cancións de antes. Se tedes algunha suxerencia que eu olvidara ou non coñeza só o tedes que decir; e se chega a lista a 10 cancións...fago un vídeo extra para vos. Algunha canción non é a versión orixinal que me gustaría poñer, pero non había maneira a baixala.

Toca escoller. E como sigo sendo unha indecisa...escollo a 5, a 6 e a 7. Postos a falar (e pa extender algo esto), decir que Alejandro Sanz foi o primeiro artista pop que escoitei, así como Modestia Aparte ou Greta y los Garbo. Todo "culpa" de algunhas das miñas tías.


  1. Experiencia religiosa --> Enrique Iglesias. (1995)
  2. Desátame --> Mónica Naranjo. (1997)
  3. Bailar pegados --> Sergio Dalma. (1991)
  4. María --> Ricky Martin. (1995)
  5. Angel --> Jon Secada. (1993)
  6. Me quedaré solo --> Amistades Peligrosas. (1995)
  7. La fuerza del corazón --> Alejandro Sanz. (1995)
  8. Estoy aquí --> Shakira. (1996)
  9. El mundo tras el cristal --> La Guardia. (1990)
  10. Entre dos tierras --> Héroes del Silencio. (1990)

lunes, 9 de febrero de 2009

HOMES VS. MULLERES

Aquí está o outro anuncio de Heineken, do que falei ante- riormente. Unha parella, unha casa nova, unha festa, uns poucos amigos...e a disfrutar por separado. E claro, cada quen disfruta co que máis lle gusta. Eu, por suposto, quédome no bando das mulleres. Cando sexa maior quero un así.

jueves, 5 de febrero de 2009

UN SOÑO

Ainsss, quen puidera ter un traballiño bo e comprar esta preciosidade de coche. Ou uns pais ricos, tamén serviría. Antes decantábame sempre polo Audi A3, pero dende que vin este...

Sei dalgún que anda tolo por comprar un coche. Pois aconsélloche este; ó mellor usabao eu máis ca ti (jajaja). Se queredes ver as características so tedes que entrar na páxina de BMW. Eu non entendo moito de coches, pero parece estar ben. Repito, quen puidera...(e ese "quen" son eu). Ó mellor algún día...

martes, 3 de febrero de 2009

FELICIDADES

E non parades de cumprir anos. Menos mal que teño unha gran memoria (e un móvil que me avisa de todo), que se non...non sei se me acordaría de todos. Hoxe tócalle o turno a esta morena que sae comigo na foto: Martiña.

Que decir dela. Sempre nos levamos ben dende pequenas. Comigo sempre se portou moi ben. Somos primas segundas ou terceiras (nunca me aclararei con eses roios familiares), pero primas ó fin e ó cabo. Cando acabe este encerro penso cobrarlle unha copa, que xa fai tempo que non nos vemos e sempre quere quedar a tomar algo. Pois sairalle caro, jajaja. A ver se entra en internet e o pode ver, senon terei que gastar 0'15 € para que sepa que me acordo dela.


¡¡¡¡¡FeLiCiDaDeS prima!!!!! Que cumplas moitos máis e mellores.