martes, 29 de abril de 2008

QUEN SE ATREVE???


Esta atracción atópase nun hotel das Vegas. Que?? Atrevédesvos?? Eu subiría se non fose por ese pequeno detalle e tamén porque non sei como se sube. Voando quizais? Porque se non non o entendo.

lunes, 28 de abril de 2008

COIDADO CO DESPERTADOR

Non sabía que poñer. Mandáronme este vídeo por correo e fíxome gracia. Despois de velo casi vou pasar de despertadores, por si acaso.

jueves, 24 de abril de 2008

AS LEIS DE MURPHY NA VIDA DIARIA

Fórmula para facer que soe o teléfono:
* Entre na ducha.
* Enxabónese ben a cabeza.
* Conte ata tres. Entón, soará o teléfono.
Nese momento abriranse dous camiños:
a) se o atende, era unha equivocación.
b) se non o atende, vinte días máis tarde enterarase de que era unha chamada importante.
Fórmula para facer que chova:
* Diga:”qué día tan bonito,oxalá siga así…”
* Lave o coche.
* Regue o xardín.
* Lave toda a roupa que teña e poñaa a secar.
* Organice unha barbacoa para a noite.
* Saia da casa a pe e sen abrigo.
Fórmula para botar limón ó pescado:
* Poña o pescado sobre o seu ollo dereito.
* Tome un limón e exprímao apuntando en cualquera dirección, nunca falla.
Fórmula para facer aparecer un autobús:
* Chegue á parada.
* Espere vinte minutos.
* Encéndase un cigarro e, na metade da primeira calada, aparecerá.
Nota: rexistráronse casos onde apareceron ata tres autobuses xuntos.
Fórmula para poder aparcar preto da casa:
* De tres voltas á manzana da sua casa buscando aparcamento.
* Péguese trinta minutos máis dando voltas nas 10 manzanas máis próximas.
* Termine aparcando finalmente noutro barrio a 30 minutos a pe da sua casa.
* Cando chegue á casa a pe, verá dous ou tres sitios vacíos diante dela.

miércoles, 23 de abril de 2008

AQUELES MARAVILLOSOS ANOS (1ªparte)


A partir de hoxe vou facer un apartado no que recordarei series, xoguetes, golosinas e moitas cousas máis de tempos anteriores. A culpa teñoa eu por escoitar cancións que recordan estas cousiñas que tanto se botan en falta. Teño que decir que recordo a maioría das cousas, pero outras nin as vivín.


Aquí vos deixo a primeira tandada. ¿Quen non xogou cun yo-yo algunha vez ou non tomou peta-zeta?


Pulsando na imaxe vese máis grande.

martes, 22 de abril de 2008

PUBLICIDADE CREATIVA

¿Non vos preguntastes algunha vez como funcionan as máquinas de café, os fotomatóns, etc., por dentro?
Pois aquí tedes a respostas.





Se pulsades na imaxe vese máis grande

domingo, 20 de abril de 2008

DE MAIOR, ACTOR

Xa se sabe que os rapaces son moi listos e pillan todo ó voo. Pero este aínda é máis listo que todos xuntos. E ademais dun bo intérprete, un pouquiño cabroncete.

miércoles, 16 de abril de 2008

QUE É A POLÍTICA??

Un niño le pregunta a su padre:
"Papá, ¿Qué es la política?" El padre responde:
* Yo traigo el dinero a casa, por eso soy el Capitalismo
* Tu madre controla el dinero, por tanto es el Gobierno
* El abuelo controla que todo sea normal, por tanto es el Sindicato
* Nuestra criada es la Clase obrera
* Todos nos preocupamos de que tú estés bien. Por eso tú eres el Pueblo.
* Y tu hermanito, que todavía lleva pañales es el Futuro
"¿Has entendido hijo mío?"
El pequeño piensa un poco y le dice a su padre que quiere consultarlo con la almohada.
Durante la noche el niño se despierta porque su hermanito está llorando, pues tiene todo sucio el pañal.
Como no sabe qué hacer, va a la habitación de sus padres.
Allí está su madre durmiendo profundamente y no consigue despertarla.
Entonces va a la habitación de la criada, donde encuentra a su padre que está gozando encima de ella, ¡¡¡¡mientras el abuelo espía por la ventana!!!!
Todos están tan ocupados que no se dan cuenta de la presencia del niño.
Por tanto el pequeño decide volverse a dormir.
Por la mañana el padre le pregunta si ahora le puede explicar en pocas palabras qué es la política.
"Sí", responde el niño
* El capitalismo se aprovecha de la clase obrera.
* El sindicato mira como lo hace.
* Mientras tanto el gobierno duerme.
* El pueblo es ignorado completamente.
* Y el futuro está “cagao”.

lunes, 14 de abril de 2008

ERES TONTO (La historia color tierra. Dinero)

O segundo vídeo de Eres tonto, o single de El Canto del Loco

TOBOGÁN RAIADOR


Non me extraña nadiña que o neno teña esa cara de susto. Xa hai que ter mala ostia pa inventar esto. En fin; din que é un invento chino, asi que xa se sabe o que hai. Supoño que o que o fixo non ten fillos, porque se non...

jueves, 10 de abril de 2008

ÁNGULO PERFECTO


Fotos curiosas, ¿verdade? Eu ca pouca imaxinación que teño non creo que se me ocurrira sacar unha foto destas, das que se chaman con ángulo perfecto. Pero si me alegro de que haxa xente que o faga, porque son unhas fotos moi orixinais e bonitas, ¿non credes?

QUEN FINXE MELLOR?

Non pensedes mal, que sempre estades iguaaaaal. Hoxe traiovos un video dun casting falso realizado a nenos e a nenas para ver quen minte e finxe mellor.

Teñen que anunciar uns iogures decindo o seu nome, probándoos e demostrando que están ricos. O que os nen@s non saben é que o iogur ven acompañado de sorpresa. Que cariñas poñen, pobriños.

"Iogures glotone, (mmmmmmmmmm) buenísimos"


miércoles, 9 de abril de 2008

AS RODAS DA VIDA



Creo que a imaxe o di todo, ¿non?

A DIVA

O 28 de Abril sae á venta o novo e esperadísimo disco de Mónica Naranjo, Tarántula, despois de 7 anos sen publicar ningun álbum de estudio. As cancións máis coñecidas de esta cantante son, probablemente, Sobreviviré e Desátame. Onte presentou o seu novo single Europa na primeira gala de OT 2008. Pódese decir que é un estilo moi diferente ás anteriores cancións; pero menuda voz, impresionante. Aquí vos deixo o video presentación. Saudosssssssssss

martes, 8 de abril de 2008

CHUPETES DE DISEÑO


Xa non saben que inventar. Pobres nenos, co bonitiños que son e o feos que están con este novo modelo de chupete. Vale, son graciosos, pero hai que ter moito sentido do humor pa poñerllo ó teu fillo. A ver como reaccionan cando sexan maiores e vexan as fotos.

lunes, 7 de abril de 2008

ARTE CON CAFÉ OU CAFÉ CON ARTE???

Un día, falando de cafés cunha personiña, dixome que había xente que facía estas movidas. É todo un profesional, ¿ou non? Jajaja. A min ata me daría pena tomalos.

domingo, 6 de abril de 2008

PETER GRIFFIN


Acabo de atopar ó verdadeiro Peter Griffin. ¿Ou son eu a única que o ve? Xuzgade vos mesmos. Saudossssssssss

jueves, 3 de abril de 2008

PERDIDOS

Unha das mellores series que vin. A min engachoume dende o primeiro capítulo. Hai moita emoción. En España xa se emitiron 3 temporadas e estamos á espera dunha cuarta, que en EE.UU xa se estrenou. Din que é para este mes; a ver se é verdade. Animo a quen non a siga que a vexa, pero dende o principio; se non non ten gracia xa que non se enteraría de na'. Con perder un capítulo xa perdes o fío da historia. Ademais, tanto as protas como os protas, están moi ben, jeje. De todas formas, debe ter moita audiencia porque se non deixarían de emitila. Pois eso, animadevos. Saudosssssssssss

O GUAPO DO ANO

Nin Mr. España, nin Mr. Universo. O guapo do ano é Miguel Angel Silvestre, máis coñecido como El Duque. Ainda que hai que decir que no 2002 foi Mr. Castellón. Iba para xogador de tenis, pero lesionouse nun torneo en Hungría e decidiu dedicarse á interpretación. Traballou en series españolas como Mis Adorables Vecinos e Motivos Personales, pero o seu despegue definitivo producese ca última serie que está rodando, Sin Tetas No Hay Paraíso. Tamén estivo no mundo do cine e do teatro. Vamos, que lle vale todo.

martes, 1 de abril de 2008

ERES TONTO (La historia fría. Cosas)

Hoxe, despois de 3 anos, sae á venta o novo disco de El Canto del Loco "Personas" . Eu xa o teño nas miñas mans e xa o estou escoitando; por fin (jaja). Primeira impresión: mellor que o anterior. Algúns estarán de acordo comigo en que son bos e outros dirán que son uns frikis. Pero xa se sabe que para gustos, cores. O primeiro single titúlase "Eres tonto" e del fixeron 3 videos diferentes con historias entrecruzadas. Aquí vos deixo o primeiro vídeo. Saudossssss

HOLAAAA

Como esto dos blogs está moi de moda, pois eu tamén me animei a facer un. So espero que vos guste a tod@s e que escribades os vosos comentarios. Óscar, tes que axudarme a que esto sexa ameno, jeje. Saudosssssssss.