miércoles, 25 de junio de 2008

DUNHA PA' OUTRA



Como todos sabedes, este famoso cantante conocido como Melendi, estivo metido en moitos "fregados": que si as drogas o mataron, que si un escándalo nun avión, etc, etc, etc.

Pero agora a revista
Interviu publica un extenso reportaxe onde se relata que o cantante está acusado, pola súa ex-moza, de malos tratos físicos e psicolóxicos. E eso que nun dos seus discos ten unha canción sobre o maltrato ás mulleres. En tanto que andivo metido, eu xa non sei que pensar. Moito ó seu favor non ten, xa que naquel famoso avión demostrou un carácter bastante agresivo.

En fin, a ver en que acaba todo esto.

martes, 24 de junio de 2008

CUMPLEANOS FELIIIIIIIZZZZZZ

"Feliz, feliz en tu día..." Este rapazolo que aparece nas fotos, coñecido por todos como POL, cumpre hoxe anos e eu quero felicitalo con este regaliño. Se non me equivoco son 26 os que caen. Na flor da vida, vamos. Como non creo que vexas esto xa che mandarei un sms.

Pois eso, Poliño, MOITAS FELICIDADES e que caian moitos máis.

lunes, 23 de junio de 2008

O PRIMEIRO ANIÑO

¡¡¡¡¡FELICIDADESSSSSSSSSSSSSS!!!!!

Aínda que sei que él non o vai ler, non podo deixar pasar a oportunidade de celebrar o seu primeiro ano e de mandarlle un biquiño de felicitación a este rapaciño tan guapooooo, que é meu primo. Quen sabe, se este blog dura e perdura poderá ler esto cando sexa máis maior. Espero que lle faga ilusión. ¡¡¡¡¡¡Un aniño xa!!!!!!

¿A que é bonitiño? ¿A que si, a que si? Está pa' comelo.

sábado, 21 de junio de 2008

O MULTIUSOS CHEO



Éste é o resumo do concerto que Juanes ofreceu onte en Santiago. Non, non as saquei eu; oxalá. Se non fora polo precio da entrada podería haber sido eu, pero non me chega o presuposto pa tantos concertos. Según O Correo Galego encheu o Multiusos Fontes do Sar cas cancións dos seus 3 últimos discos. So espero que para a próxima vez que veña poida ir.

viernes, 20 de junio de 2008

UN ESTRENO ESPERADO

Hoxe chega á gran pantalla esta película, esperadísima polos grans seguidores (coma min) da serie que representa: Sexo en Nueva York.
Carrie (a amante dos zapatos), Samantha (a amante dos homes), Charlotte (a amante do amor verdadeiro) e Miranda (a amante do éxito) volven para rematar seis tempadas realmente, dende o meu punto de vista, moi boas e divertidas. Espero que a película sexa tan boa ou mellor que a serie, e que acabe ben. Descubrireino o xoves 26, se non surxe ningún incoveniente. Deixovos o trailer, por se a alguén lle interesa.

martes, 17 de junio de 2008

AQUELES MARAVILLOSOS ANOS (4ª parte)

Weno, máis e máis imaxes para recordar. Menos os libros de "Micho", recordo todo, porque eu era máis dos cadernos "Rubio". ¿E que me decides de Wally? Eu teño o libro amarillo e... como me molaba.
Pero o que máis máis máis máis me gustaba (como non) eran as miñas superpelis de Disney. Seime os diálogos de todiñas.

martes, 10 de junio de 2008

ESTÁ BEN SER NATURAL (reedición)

Aquí vos deixo o novo anuncio de Trina. Vino un par de veces e enganchoume a canción. Pareceume moi orixinal. Ó mellor xa o vistes (anque o botan pouquiño na tele), pero tiña que arriesgarme, jaja. A ver se vos gusta.


"Es así, que más da lo que digan los demás"


Acabo de ver na tele a outra versión e colgoa para que elixades a mellor. A min gústanme as duas, jajaja.


jueves, 5 de junio de 2008

ALEMÁN TOLO

Pois sí, o título resume todo o vídeo. Un rapaz que se volve tolo por non poder xogar ó ordenador. Pareceume divertido enseñarllo a quen non o vira. Con que ansia aporrea o ordenador. Si que o vive, sí. E foron os pais quenes o gravaron. Menuda lle caería despois.


martes, 3 de junio de 2008

A EVOLUCIÓN DA EDUCACIÓN

Esta é a proba de como cambiaron as cousas na educa- ción. Non teño máis que dicir.


Pulsando na imaxe lese mellor.