lunes, 24 de noviembre de 2008

SEGUNDAS PARTES

Este venres 28 volven á gran pantalla Melman, Marty, Álex, Gloria e amigos para estrenar esta película, Madagascar 2. Película que teño ganas de ver porque a primeira parte gustoume,aínda que escoitei moitas veces eso de "segundas partes nunca son boas". Pero non sempre é así. E creo que neste caso vai estar ben. Para comprobalo que mellor que ir a vela ¿non?
¡¿¡¿¡¿¡¿Quen se anima?!?!?!?!

Non poño o trailer porque: (1) xa sae moito na televisión o anuncio e non quero quitarlle protagonismo á caixa tonta e (2) porque non me gustou moito o trozo que colleron para facelo. Así que ou a ver a tele ou a buscar en youtube, que hai que darvos todo feito. Juas juas juas.

jueves, 20 de noviembre de 2008

COPA DAVIS 2008

Este fin de semana celébrase a final da Copa Davis en Mar de Plata, Arxentina. Dise que son uns mal educados, que abuchean e cousas desas. Pero con no facerlle caso... todo arreglado.

España non ten moito ó seu favor, que digamos. A ausen- cia de Nadal pola súa lesión, o xogar fóra de casa e o estado da pista, que según os tenista españois é irregular, fan ós arxentinos os grandes favoritos. Pero como se di que a esperanza é o último que se perde, pois a poñer as esperanzas e ilusións nos outros 4 tenistas españois que asisten, que non son números 1 pero seguen sendo bos. David Ferrer, Fernando Verdasco, Feliciano López e Marcel Granollers intentarán calarlle as boca a eses arxentinos.




Como se decía fai uns meses... A POR ELLOS...

miércoles, 19 de noviembre de 2008

OS PRACERES COTIÁNS

Pois tócame responder ó Meme que me chega gracias á señorita Meris, sobre os praceres cotiáns. Que din que son esas cousas que facemos normalmente e non lle damos a importancia que debería ter. Coincido nalgúns con ela pero para non copiar ou repetir intentarei poñer outros, que hai moitos na vida (por sorte).
  1. Escoitar música. E tanto me da que sexa cos cascos mentres vou no bus como cando me quedo soa na casa e a poño a todo volumen. O que quero é desconectar.
  2. As conversacións/bromas que se teñen na casa dos meus avós un domingo calquera despois de comer, cando estamos todos ou case todos.
  3. Neses días de praia, sentarme na orilla a esperar que cheguen as pequenas olas mentres penso nas miñas cousas, falo con miña nai de tonterías ou vexo ós rapaces xogar.
  4. Esa media volta que se da unha vez que toca o despertador por primeira vez na mañá.
  5. Un bo puzzle. Venme de familia. Fai falta moita paciencia pero reláxame moitisimo e máis cando non hai nada que facer. O malo son as cervicais, que doen.
  6. Os bicos e abrazos. Veñan de quen veñan, pero que sexan sinceros.

martes, 18 de noviembre de 2008

DÚAS GRANDES VOCES

Hoxe saen á venta estos dous discos: "Primavera antici- pada" e "Amaia Montero". Dous discos que, a verdade, chámanme moito a atención.



E chámanme a atención porque son dúas cantantes que seguín dende que saiu o seu primeiro disco, ainda que Amaia estivera con LOVG. Constan de 14 e 12 temas novos, respectivamente, algún con colaboracións. Terei que baixalos ou grabalos de outros, que a miña economía non é para botar cohetes. E con esto da crisis... so queda eso. Terei que buscar un traballo.

martes, 11 de noviembre de 2008

CADA ANO O MESMO

Herpes simple: lesión cutánea inflamatoria que se caracteriza pola aparición de pequenas vesículas, causada polo virus herpes hominis dos tipos I e II.



Pois así teño eu o labio. Dende fai 8 anos, que collín unha gripe de aúpa (e en navidades), cada ano por esta época saeme un. E que molesto é. E como fastidia. Xa onte, cando me ía deitar notei como se me hinchaba o labio, picábame e queimábame. E xa me puxen de mala o... E hoxe á farmacia. Agora tócame esperar polo menos unha semana a que pase. Maldita a hora en que me baixaron tanto as defensas aquel día fai 8 anos.

lunes, 10 de noviembre de 2008

ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 1)

Como me gusta recordar cousas de cando era unha nena. Fai un mes decidín facer vídeos cas cancións dos anos 90 que foron éxitos, marcaron unha época ou simplemente me marcaron a min. Dividireino en cinco entradas con dez vídeos cada un. Como son demasiado grandes, non mos deixa cargar directamente, asi que teño que metelos primeiro en youtube e despois aquí (un lío, vaia). Aquí tedes o primeiro.

  1. Inevitable --> Shakira. (1998)
  2. Otro día más sin verte --> Jon Secada. (1992)
  3. No sé si es amor --> Roxette. (1996)
  4. La copa de la vida --> Ricky Martin. (1998)
  5. Desesperada --> Marta Sánchez. (1993)
  6. Sin documentos --> Los Rodriguez. (1993)
  7. Estoy por ti --> Amistades Peligrosas. (1991)
  8. Laura no está --> Nek. (1997)
  9. Entender el amor --> Mónica Naranjo. (1997)
  10. Se fue --> Laura Pausini. (1994)

jueves, 6 de noviembre de 2008

WATER MULTIUSOS

Acabouse xogar cos botes de xel, contar os debuxos das baldosas e poñerlle formas, levar revistas para entreterse, mirar ó teito e moitas cousas máis, mentres fas as túas cousas. Agora terás todo un piso no teu cuarto de baño. Ideal para eses pisos modernos de hoxe en día que miden menos que unha habitación normal. Máis de un que eu sei estaría na gloria con este invento.

Equipado con:

·Televisor de pantalla plana con soporte móvil.
·Xbox 360.
·Reprouctor DVD.
·Reproductor de audio con base dock no soporte do papel hixiénico.
·Megáfono.
·Nevera..
·Cafetera.
·Portátil con conexión Wifi.
·Ventilador.
·Pedales para facer exercicio.
·Lámpara.
·Un par de cousas máis que non sei que son.
·E por suposto, o retrete (que case me olvido).

martes, 4 de noviembre de 2008

PREMIOS ONDAS 2008 (televisión)

Agora tócalle á categoría da televisión, xa que me iba a extender moito se o poñía todo xunto. E como non sei tampouco moi ben que poñer...

-Mellor programa de entretenimiento ---> El Hormiguero.
-Mellor programa de actualidade ---> Callejeros.

-Mellor serie española ---> Amar en Tiempos Revueltos.
Por "construir, dende os códigos da telenovela, unha interesante visión social da España da posguerra".
-Mellor intérprete masculino ---> Miguel Ángel Silvestre.

-Premio á innovación ---> Salvados por la campaña.
Por "a súa habilidade para desmontar a retórica das campañas electorais en España".
-Mellor presentador ---> Jorge Fernández.
Por "a súa versatilidade na conducción de dous programas de éxito de rexistros moi diferentes".

-Mellor intérprete femenino ---> Carmen Machi.

NOTA: Que conste que o que vai en cursiva e entre comillas non o digo ou penso eu, senon o xurado que votou.

lunes, 3 de noviembre de 2008

PREMIOS ONDAS 2008 (música)

O 22 de novembro, no Gran Teatro del Liceo, celebrarase a gala dos Premios Ondas (a 55ª edición, que se di pronto). Como a min me gustan moito estas cousas e saber quen se leva e quen non se leva premios, pois compartoo con vos. E os gañadores son...

-Mellor canción ---> Kamikaze (Amaral).
Por "seguir marcando unha evolución equilibrada entre calidade e comercialidade que determina un presente de absoluto interés".
-Mellor álbum ---> Parte de mi (Rosario).
Por "recupera-las cancións que máis lle marcaron e plasmalas nun magnífico álbum que recolle todo o espíritu de 'los Flores' ".


-Mellor artista ou grupo español ---> ECDL.
Por "seguir batindo os seus propios récords de crecemento logrando álbums e xiras cada vez mellores e con máis seguidores".
-Mellor artista ou grupo latino ---> A. Calamaro.
Por "a súa capacidade para unir cas súas cancións dous continentes e contribuir de forma determinante á realidade do mercado común musical latino".


-Mellor artista ou grupo internacional ---> Coldplay.
Por "manter o seu liderazgo a base de cancións, álbums e concertos, forxando a carreira máis consistente do pop actual".

-Ondas especial do xurado ---> Diego el Cigala e Pitingo.