viernes, 30 de enero de 2009

EN QUE PENSADES CANDO VOS INVITAN A UNHA COPA?

Por cortesía dunha das miñas compañeiras de piso, que mo mandou nun mail. Non sei exactamente como tomar estes gráficos: ben, porque pintan ós homes moi simples, ou mal, porque pintan ás mulleres moi complicadas (jajaja). Quédome ca de ir ó baño (3); é a máis real de todas xa que, na miña defensa, non combino a roupa co que vaia tomar. E tampouco creo que nos comamos tanto a cabeza por un tío (dun día ou dunha noite).


























(non sei por qué pero a última non a deixa pinchar para ver en grande).

jueves, 29 de enero de 2009

PARA A MIÑA MAMÁ

Tal día coma hoxe, fai 47 anos, naceu esta mulleriña vestida de azul que...para quen non o sepa é miña nai. ¡¡¡FELIZ CUMPLEANOS!!!
Aínda que pasaran eses anos, parecemos dúas pipioliñas, dúas irmás ¿a que sí, a que sí? (pero que pelota son, se esto non o vai ler). Foto feita fai tres anos na praia de Carnota, a única foto que teño con ela de cámara dixital, que triste.
Non vou poder pasar con ela este día porque o deber chámame, pero intentarei facerlle un regalazo para compensalo. Pois eso mamuki, que cumplas moitos máis para poder aguantarme moitos anos. Arriba as Acuario!!

martes, 27 de enero de 2009

UN NOVO SINGLE

Despois do éxito acadado con "El Mundo se Equivoca", La 5ª Estación volve con un novo single que xa foi estrenado o 5 de Xaneiro, "Que te quería". Haberá que esperar ata Marzo para que saia o cd completo (esperarei, esperarei) co título de "Sin Frenos". Quen seguía este grupo sabe que eran 3 componentes, pero por "malos roios" o guitarrista Pablo abandonou o grupo. Seguen na mesma línea, pero é que a min só con escoitar a voz de Natalia... Vamos, que me gustan moito.

domingo, 25 de enero de 2009

O NACEMENTO DA MACARENA

O outro día, perdendo o tempo por Youtube, atopei un anuncio co que me rin bastante. Ó mellor xa o vistes, porque é o nacemento do famoso paso da "Macarena" e foi xa fai moito tempo; no 1993, nada máis e nada menos. O outro anuncio que atopei da mesma marca, Heineken, xa volo enseñarei máis adiante. Este fíxome máis gracia.

viernes, 23 de enero de 2009

ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 3)

Xa queda pouco para rematar esta colección de cancións dos anos '90, aínda que aparezan tamén algunhas de uns anos atrás. Teño que pedir perdón pola calidade dalgúns vídeos, pero tende en conta que son "velliños".

Se me deran a elexir unha canción entre estas 10, pois non sabería moi ben cal dicir (e eso que lle din ben voltas). Como podo escoller máis...quédome ca 6, 7 e 8. Ainsss, que pouca decisión teño.


  1. Chas! Y aparezco a tu lado --> Alex y Christina. (1987)
  2. Macarena --> Los del Río. (1993)
  3. Y nos dieron las diez --> Joaquín Sabina. (1992)
  4. La flaca --> Jarabe de Palo. (1996)
  5. Mi tierra --> Gloria Estefan. (1993)
  6. La cosa más bella --> Eros Ramazzotti. (1996)
  7. Es por ti --> Cómplices. (1990)
  8. De que me sirve llorar --> OBK. (1991)
  9. Juntos --> Paloma San Basilio. (1981)
  10. Sangre española --> Manolo Tena. (1992)

lunes, 19 de enero de 2009

ESCALANDO POSICIÓNS



Aquí o meu regaliño de reis, que chegou tarde pero chegou. Unha Nikon D60. Pufff, que ganiñas tiña dunha cámara así. Ata comprei o primeiro fascículo de curso de fotografía para irme entrenando. A esperar polos que quedan, que fan moita falta para poder entendela á perfección. O malo é que ata dentro dun mes non a podo disfrutar por completo. Para que morrades de envidia (jajaja), algunhas das características da cámara:
  • Formato SRL (reflex digital).
  • 10 megapixels(10.2 megapixels efectivos).
  • Resolución máxima --> 3872x2592.
  • VR 18/55mm y VR 55/200mm.
  • Sensor CCD con array RGB.
  • Disparo en ráfaga de ata 3 imaxes por segundo.
  • Memoria SD/SDHC.
  • LCD de 2.5''.
  • Sensibilidade máxima de 1600 ISO.
  • Sistema de limpeza automática do sensor basado en mecanismos de vibración.
  • Compatible con tarxeta SD con Wifi Eye-Fi.
  • etc etc.

Si, seino. Sona a chino. Nin co libro de instruccións me entero moito. É só para aparentar. Xa vos sacarei algunha fotiño con ela. Ainssss...

jueves, 15 de enero de 2009

SIETE ALMAS

¿Que terá este Will Smith para que me guste tanto? Jajaja. Este venres estrena nova película e, xuzgando polo que me gustou "En busca de la felicidad" (do mesmo director), espero que sexa igual de boa. Xa só me gusta por levar o número 7 no título. Gustaríame ir vela, pero os domingos marcho e para ir soa en Santiago...vai ser que non. Fixeime nela polo actor, pero ó ver o trailer convenceume bastante. Aquí volo deixo, por si acaso non o vistes.

miércoles, 14 de enero de 2009

O VENRES...MILLONARIA

O venres pasado ocurreuseme comprar o cuponazo da Once a medias con Piti e vainos tocar, que o sepades todos. Eso pasa por non sair, quedar traballando ou ir de cea por ahi. Despois non veñades pedindo favores, que xa se sabe que cando un ten cartos ten moitos amigos. Nove milloncetes nada máis e nada menos. ¿E vistes o anuncio na tele? Canto máis friki e máis raro sexa máis me gusta. Eu son así de rara.

"Es mucho más fácil estar tan sonriente; cuando hay 9.000.000 en tu cuenta corriente".

martes, 13 de enero de 2009

MARTES 13

Estou vendo o programa este de Cuatro, "Estas no son las noticias" e andan falando desto das supersticións e dixenme a min mesma...xa que hoxe é Martes 13, ¿por qué non colgar algo no blog sobre este tema? E visto o visto, que non se me ocurre nada que escribir estes días...

Agora decídeme, ¿credes nestas cousas? Existen miles e miles de supersticións, tanto para ben como para mal: pasar por debaixo dunha escaleira, cruzarse cun gato negro, abrir un paraugas dentro da casa, botarse sal, cruzar os dedos, tocar madeira, empezar o ano con algo vermello, etc etc etc. Eu, particularmente, con estas cousas teño máis sorte que menos. Non sorte de que me toque a lotería, ou aprobe todo, ou cousas dese estilo, senon que me vai un pouco mellor o día (e teñoo comprobado). Tamén pode ser eso que se chama casualidade.

miércoles, 7 de enero de 2009

UN NOVO ANO

Despois de uns días de vacacións e descanso (por decir algo) volvemos á rutina de clases, traballo ou calquera que sexa a ocupación. Unhas vacacións con moita festa, visitas inesperadas, ceas navideñas, fin de ano ata a mañá para aprobeitar ben a noite... He aquí unhas poucas fotos para recordar estes días navideños.