martes, 30 de septiembre de 2008

HAPPY BIRTHDAY...

...to you!!!! Outro cumpleanos máis para celebrar. Hoxe tócalle ó futuro papá que xa esta chegando á treintena. Pero non por eso é máis vello. Así que todo dios a reclamarlle unha copa este sabado, ou un café, que o que conta é a intención. Que cumplas moitos máis e mellores. ¡¡¡FELIZ CUMPLEANOS!!!

miércoles, 24 de septiembre de 2008

UNHA FELICITACIÓN ATRASADA

O domingo 21 foi o cumpleanos desta rapazola que aparece nas fotos, pero eu non puiden colgar esta felicitación ata hoxe. Xa se sabe que máis vale tarde que nunca non? Pois de novo MOITAS FELICIDADES!!!!!!!! E que cumplas moitos moitos moitos máis, para coidar moito a ese rapaciño/a que ven de camiño.

lunes, 15 de septiembre de 2008

15 DÍAS MÁIS

Despois de 15 días de "tortura" sen sair da casa por mor dun maldito exame que quedou para setembro (ademais de uns diíñas que tiven de chuvia en agosto), agora outros 15 días para disfrutar e aproveitar o tempo que falta para empezar as clases de novo. ¿Soa a ecuación? ¿Ou é que aínda estou baixo os efectos do estudio?

En fin, teño que cambialo chip que o venres empezan as festas de Lalín (sagradas para min dende pequeniña) e hai que ir con todas as da ley. Para os que non sepades que bandas, orquestras, grupos e demais conxuntos musicais tocan, aquí queda o cartel oficial.

Nunca entendin porque poñen as actuacións en letra pequena. Se queda algunha dúbida mirade o programa na web, que ven moi ben esplicadiño.

miércoles, 10 de septiembre de 2008

ARTE NA PRAIA

Unhas cantas figuras de area pa' demostrar o don que ten algunha xente. Se é que para facer esto...hai que ter moito arte. Recordo cando fun a Benidorm de excursión, que todo o largo do paseo da praia (que era moito) tiña figuriñas destas feitas con area. O primeiro día quedamos embobados mirando algunhas.

Un traballo que leva o seu tempo facelo e que alguén, como esta reporteira de Tele5, pode estragar en menos de 1 minuto. Se é que son eu o tío...e vamos se lle cobro. Hai que ser cafres.

sábado, 6 de septiembre de 2008

UN MUNDO DE CORES

O domingo pasado foi a Festa do San Ramón nas Illas de Gres e eu, coma tódolos anos dende que nacín, alá marchei ca family. Unha festa que perdeu moita xente, por desgracia.

Pois he aquí a nosa mesa que, chula chula non será pero colorida...un rato. Tódolos que pasaban por alí quedaban mirando para ela. Normal, chamaba a atención dende lonxe.

Se é que os platos normais pesan moito, pero postos a traer de plástico... ¿porque non os de usar e tirar que non hai que lavalos? Se é que a esta familia sempre lle gustou moito traballar.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

AQUELES MARAVILLOSOS ANOS (5ª parte)

Esta é a última (pero non por eso a peor) tandada de imaxes para o recordo. Xa vin noutros blogs que despertei algo de nostalxia. Non era a miña intención... ¿ou si? Está ben recordar estas pequenas cousas de vez en cando.
Puxen algunhas imaxes que me pediron, aínda que eu non me acorde moito delas. Persoalmente, quédome cos "TOIS" e, por supostísimo, ca GAME BOY e o seu xogo do Mario co que xoguei moito moito moito (a escondidas de miña nai).

E así despido a miña colección de imaxes de AQUELES MARAVILLOSOS ANOS, que espero que vos gustaran.

martes, 2 de septiembre de 2008

RESUMO VACACIONAL

Aínda que deixei unha entrada fai uns días...a miña volta á rutina comeza hoxe. Así que aquí vos deixo un pequeno resumo das miñas vacacións (que non foron malas). Algunhas cousas omítoas, porque senon...non me chega unha páxina para tódalas fotos.

CEA NO RÍO



A pesar de que case nos quedamos sen cea, foi unha noite chula. Moito frío, eso sí; pero estaba o coche-armario de Pol que, para ocasións así, nunca sobra.

FESTA MEDIEVAL DE NOIA



Chegar á unha do mediodía, instalarse no hotel, ir comer...e xa empezar a beber. Que máis da, un día é un día ¿non? Unha festa que a min, persoalmente, me gusta moito. E sempre o paso ben. ¿Porqué será?

UNS DÍAS DE PRAIA E PASEOS


Aproveitando que algúns afortunados estabamos de vacacións...¿porqué non sacar proveito delas? Un pouco de praia non ven nada mal. E así, de paso, coñecemos novos sitios.

DE BODA

Un sitio bonito, unha comida rica e unha compaña estupenda é a receta perfecta para pasar un día de boda. Ademáis dos noivos, claro. O que máis me gustou...: o céspede, para poder sacar os malditos tacóns. O que hai que sufrir por estar guapa. Un 10 para Marta e Dani.