Escoitar música. E tanto me da que sexa cos cascos mentres vou no bus como cando me quedo soa na casa e a poño a todo volumen. O que quero é desconectar.
As conversacións/bromas que se teñen na casa dos meus avós un domingo calquera despois de comer, cando estamos todos ou case todos.
Neses días de praia, sentarme na orilla a esperar que cheguen as pequenas olas mentres penso nas miñas cousas, falo con miña nai de tonterías ou vexo ós rapaces xogar.
Esa media volta que se da unha vez que toca o despertador por primeira vez na mañá.
Un bo puzzle. Venme de familia. Fai falta moita paciencia pero reláxame moitisimo e máis cando non hai nada que facer. O malo son as cervicais, que doen.
Os bicos e abrazos. Veñan de quen veñan, pero que sexan sinceros.
2 comentarios:
o puzzle, o puzzle tamén!
jooo, akabadesme kas ideas...
non sei xa ke poñer!!!
en fin, kalkera momento e bo se estou kos meus amigo, ke sodes bos... sniffff!
emocionome de pensalo!
jajajaja
Publicar un comentario