viernes, 24 de octubre de 2008

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS

Hoxe, as 18:30, celébrase a 28ª edición dos Premios Príncipe de Asturias baixo a presidencia (como non) do príncipe Felipe. O tenista Rafa Nadal, que figuraba entre outros candidatos como o atleta Usain Bolt ou o nadador Michael Phelps, recollerá o galardón na categoría de Deportes. Se é que este rapaz está que non para. Gaña todo, consigue ser o número un do mundo e agora convértese en premio príncipe de asturias. Un choio, vaia.Na categoría de Comunicación e Humanidades o galardonado é Google, considerado como o mellor buscador de internet da historia. Figuraba entre outros buscadores como Wikipedia ou Magnum Photos. O xurado xustifica a decisión de conceder o premio a Google "por poñer de forma instantánea e selectiva ó alcance de millóns de persoas a canle de internet e por favorecer o acceso xeneralizado ó coñecemento".
Outros galardonados son: en Artes, o Sistema Nacional de Orquestas Xuvenís e Infantís de Venezuela; en Ciencias Sociais, o filósofo búlgaro Tzvetan Todorov; en Letras, a novelista canadiense Margaret Atwood; e en Concordia, a política colombiana Ingrid Betancur.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

kopon, ke entrada mais extensa!
pois pa tokar os huevos un poukiño direi ke non estou de akordo ka maneira ke teñen de galardonar (en deportes, ke e o ke eu sei)
en principio o premio era a unha karreira deportiva brilante (jordan, kando se retirou, shumaker, kando se retirou, en fin...)
e sen vir a konto kambiaron a politika, porke de akordo ke nadal probablemente sexa o mellor xogador de todolos tempos, pero ten 23 anos...
sobraballe o tempo para darllo

piti dijo...

pois non teño nin idea de cales foron os k recibiron o premio xk son uns premios os k nunca lle puxen moito interes