viernes, 31 de octubre de 2008

HALLOWEEN

Hoxe, 31 de Outrubro, celébrase a noite de Halloween, que todos vos coñecedes (ou polo menos tedes idea do que é). Ata fai uns anos esta festa só se celebraba nos países anglosaxóns, pero actualmente é típica na maioría dos países occidentais con maior ou menor presencia.
Dise que na noite de Halloween, a porta que separaba o Mundo dos Vivos do Máis Alá abríase e os espíritus dos defuntos facían unha procesión nos pobos nos que vivían. Nesa noite os espíritus visitaban as casas dos seus familiares e para que non perturbasen ós aldeanos, estes debían poñer unha vela na fiestra da súa casa por cada difunto que houbese na familia. Se había unha vela como recordo de cada defunto, os espíritus non molestaban ós seus familiares; se non era así perturbábanos pola noite e facíanlles caer en terribles pesadillas. É típico deste día decorar calabazas con caras terroríficas, así como adornar as casas con motivos que den medo e recorrer as casas disfrazados e con bolsas vacías para enchelas de caramelos despois de responder á pregunta "¿Dulce o trato?"

Será moi chula, pasarase moi ben e todo o que vos queirades, non o discuto, pero para min sempre será unha americanada. Quédome ca festa do magosto que teremos esta noite en Oirós.
Onde vai parar.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois eu esta noite vou a unha festa de Halloween organizada por unha venezolana, claro. En realidade, eu vou celebrar o Samaín, que é mais enxebre,(festividade celta se non me equivoco) , e ainda que se perdera a tradición, en moitos sitios estan intentando recuperala.
http://www.xuvecurtis.com/samain/index.htm

Anónimo dijo...

sakatxesme a entrada lambona!!!
pois ahi estou de akordo kon maria. halloween non deixa de ser o samain, ke o levaron os primeiros irlandeses ke emigraron a amerika (ke foron moitos!)
logo meteu man a igrexa, para variar e puxeron o dia de todolos santos, pero segue sendo o mesmo...
asi ke keiramos ou non e en kalkera parte do mundo o ke se celebra e o samain, ke tiña un signifikado moito mais maxiko e bonito ke kalkera das maneiras ke despois inventaron para rekaudar, tanto o kristianismo, koma os kapitalistas...
en fin, magosto forever!

Anónimo dijo...

por certo, anonimo son eu.
e ke non me deixa komentar se poño o nome...
oskariño

piti dijo...

estou moi dacordo con lara,para min non deixa de ser unha americanada,aki kedaremos co antroido ou con un magosto.eso do hallowen e como o de santa claus,non deixa de ser outra americanada o os grandes comercios intentan impoñer aki