jueves, 29 de octubre de 2009

DESCUBRINDO...

Sei que os que ledes este blog non sodes seguidores dos meus gustos musicais. Pero gracias á serie "90 60 60 Diario secreto de una adolescente" (que, postos a falar, non é unha serie extremadamente boa, pero sí con unha banda sonora que me gusta) descubrín dous grupos que non están nada mal.

El Pacto é un grupo alicantino que xa é "medianamente coñecido" se escoitades a radio ou vedes o 40 Latino. Xa lanzaron dous singles. Ademais foron descubertos no programa de Buenafuente, nun apartado de novos talentos (ou algo así). Gustoume pola voz da tía, que é impresionante.




Bizarre é un grupo catalán cun só álbum de estudio á venta, como os anteriores. É a primeira vez que os escoito, pero non sonan mal. Todalas cancións están tamén en catalán. Gustoume, tamén, pola voz da tía que, neste caso, é máis dulce.

lunes, 19 de octubre de 2009

A VIDA...EN 5 BOTELLAS

Por cortesía de Martiña, vía e-mail, esta foto de (como di o título) a vida resumida en cinco botellas. Cada un que cambie a terceira botella pola que el/ela queira.E como non teño moitas ideas para actualizar este blog... Polo menos algo de humor. A ver se se vos asoma unha son- risilla.

lunes, 5 de octubre de 2009

PARAÍSO EXPRESS

Despois de 3 anos fóra do mercado musical e dentro de problemas e rumores que nada teñen que ver ca música, volve o artista que marcou a miña infancia. E volve cun disco que, espero, non ten que ver cos 2 anteriores. "Paraíso Express" sae á venta o 10 de Novembro e para a presentación fará oito concertos en Madrid. O primeiro single, "Looking for Paradise", xa sona en tódalas emisoras, no que colabora ademais Alicia Keys. Rara pero bonita (a canción, digo).

martes, 8 de septiembre de 2009

ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 5)

Tarde, pero aquí está o último vídeo de cancións da década dos '90. A ver agora que discurro para traer máis cousas de "Aqueles Anos". Acéptanse ideas. Desta edición escollería calquera delas pero voume quedar ca número 4. E ca 2, polos recordos que me trae. Dalgúns artistas preferiría poñer outras cancións, pero non atopei os vídeos. Non me extendo máis (porque non estou inspirada e non sei que poñer). Disfrutádeo.

  1. Veneno en la piel --> Radio Futura (1990).
  2. Lo echamos a suertes --> Ella Baila Sola (1996).
  3. La gota fría --> Carlos Vives (1993).
  4. Que bonito --> Rosario (1996).
  5. Burbujas de amor --> Juan Luis Guerra (1990).
  6. El 28 --> La Oreja de Van Gogh (1998).
  7. El lado oscuro --> Jarabe de Palo (1996).
  8. El talismán --> Rosana (1996).
  9. Las cosas de la vida --> Eros Ramazzotti (1993).
  10. Una rosa es una rosa --> Mecano (1991).

domingo, 6 de septiembre de 2009

AS DUAS LUAS

Así pretendían facer crer, cun bulo transmitido vía internet, que luciría o ceo da noite do pasado 27 de Agosto, con dúas lúas, debido o acercamento de Marte á Terra. Un fenómeno que non volvería ocurrir ata o 2287. Pero para que esto fose certo, Marte tería que acercarse a tan só 780.000 Km da Terra. Se chegara a ocurrir, o tirón gravitatorio do "novo satélite" dobraría a potencia das mareas terrestres e as cidades costeiras sufrirían as consecuencias. Por sorte para todos, o planeta vermello atopábase a 250 millóns de Km da Terra.

A orixen deste bulo está nun feito real sucedido en 2003, cando houbo o maior acercamento do planeta Marte á Terra (en 600 siglos); situouse a 56 millóns de Km. Marte contemplouse a simple vista, pero como unha estrela. Eso sí, especialmente brillante (o que volverá pasar no famoso ano 2287). A pesar de que este feito é desmentido ano tras ano, cada 27 de agosto o rumor volve a circular pola rede.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

VERAN 2009

Xa estou de volta por estes lares, despois de 2 meses. E como sempre, un pequeno resume das vacacións veraniegas. Un verán sinxelo, pero ameno. Un paseiño pola Feira Medieval de Noia, uns días de relax familiar en Portosín, coa súa correspondente visita obrigada (anual) ós Castros de Baroña e ó monte da Curota, e unha cenola na Carixa, entre outras cousas (pero non saquei moito a cámara de festa). Vamos, a rutina de tódolos anos. Pero, ás veces, é mellor o malo coñecido que o bo por coñecer, ou eso se di.







jueves, 2 de julio de 2009

SANTIAGO MEDIEVAL



Despois de rematar a época de exames e de firmar o novo contrato do piso, alá marchamos á zona vella para dar un paseiño polo II Mercado Medieval que hai montado por alí. Inaugurouse hoxe ás 12 do mediodía e durará ata o domingo día 5. Exténdese por prazas como A Quintana, Platerías, Cervantes, San Martiño ou Acibachería, entre outras.


A pesar de ser un día entre semana, destacar que había bastante xente e, sobre todo, nenos (xa que había varias actividades dedicadas a eles). Ademais, o día acompañaba bastante. O malo é que non se podía parar nos postos máis que de pasada (sobre todo na Quintana). Postos de bisutería, de doces, de roupa, de comida, de adornos, de amuletos e... de chucherías, que foi o que máis me chamou a atención. Todo era "a lo grande". Mirade que regalices ou tronquitos ou como lle chamedes.


Se tedes oportunidade, acercádevos ata alí que merece a pena. Por min, aínda volvo se alguén se anima.

sábado, 27 de junio de 2009

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Pois sí, a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo en activo, xa é Patrimonio da Humanidade. Así se decidiu esta mesma tarde en Sevilla, na 33ª reunión celebrada pola UNESCO. Se é que estamos que nos salimos. É o 40º elemento nomeado patrimonio dentro de España e o 3º de Galicia. Esto significa que xa é un sitio cultural de "valor universal excepcional".