Mostrando las entradas con la etiqueta TV/Cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta TV/Cine. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de noviembre de 2009

30 ANOS CON BARRIO SÉSAMO


Neste ano 2009 cúmplense 30 anos da primeira emisión de Barrio Sésamo en España (40 en EE.UU). Un programa educativo mediante bonecos e títeres que, aínda hoxe (un pouco máis cedo que antes, todo hai que dicilo), se sigue emitindo. Claro que sen Espinete nin Don Pimpón (ou como se escriba) nin moitos outros personaxes. A ver, agora decídeme...¿quén non almorzou con estos coloridos educadores? Eu tódalas mañás. Quen queira saber máis deste grupo de personaxes pulsade aquí.

lunes, 25 de mayo de 2009

EFECTO BILLAR

Do seguinte vídeo xa fai unhas semanas, pero gustoume tanto que decidín colgalo. E teño esto un pouco olvidado. Ó mellor xa o vistes todos (ou case todos), pero correrei ese riesgo. Ademais, só polo invitado, xa vale a pena enseñalo.

Todas as semanas, en
"El Hormiguero", hai unha sección chamada O Efecto Mariposa, da man de Marron. Para min unha das mellores seccións. Neste caso utilizan tres billares cas súas correspondentes bolas e unhas fichas de dominó para realizalo. Cabe destacar o ben que o pasa o super invitado co baile tan orixinal e pegadizo do colaborador. Pero se non queredes ver máis que o experimento...pasade ó minuto 3:18. A disfrutalo!!!!

jueves, 15 de enero de 2009

SIETE ALMAS

¿Que terá este Will Smith para que me guste tanto? Jajaja. Este venres estrena nova película e, xuzgando polo que me gustou "En busca de la felicidad" (do mesmo director), espero que sexa igual de boa. Xa só me gusta por levar o número 7 no título. Gustaríame ir vela, pero os domingos marcho e para ir soa en Santiago...vai ser que non. Fixeime nela polo actor, pero ó ver o trailer convenceume bastante. Aquí volo deixo, por si acaso non o vistes.

lunes, 24 de noviembre de 2008

SEGUNDAS PARTES

Este venres 28 volven á gran pantalla Melman, Marty, Álex, Gloria e amigos para estrenar esta película, Madagascar 2. Película que teño ganas de ver porque a primeira parte gustoume,aínda que escoitei moitas veces eso de "segundas partes nunca son boas". Pero non sempre é así. E creo que neste caso vai estar ben. Para comprobalo que mellor que ir a vela ¿non?
¡¿¡¿¡¿¡¿Quen se anima?!?!?!?!

Non poño o trailer porque: (1) xa sae moito na televisión o anuncio e non quero quitarlle protagonismo á caixa tonta e (2) porque non me gustou moito o trozo que colleron para facelo. Así que ou a ver a tele ou a buscar en youtube, que hai que darvos todo feito. Juas juas juas.

lunes, 20 de octubre de 2008

"...SIEMPRE COCA-COLA"

Os catro mellores anuncios que ten Coca-Cola, polo menos para min. E eso que considero que todos son moi bos, pero estes teñen unha mensaxe...especial... diría eu. Acepto novas suxerencias, que supoño que non todos temos os mesmos gustos.







lunes, 6 de octubre de 2008

O NOSO GALEGO

Unhas poucas traduccións de películas ó galego, para pasar un bo rato. Que temos moito arte.

· ¿E ti de que te ris, furabolos? ---> O imperio contraataca.
· Vai ao carallo… ---> Rambo.
· Eu son o mais duro do oeste e non a perrecha de tua nai ---> Unha de vaqueiros.
· ¡Eh ti!, o do pelo de castrón ---> Outra de vaqueiros.
· Trabucacheste cazoleiro.
· Vou ao coche oir unha cinta de Ana Kiro ---> Hot shots.
· A rañala raparigo (en vez de sayonara baby)
---> Terminator.
· Meu día, meu día (en vez de may day ) ---> Unha de avións da guerra.
· ¡Ei!, non nos chupemos a pirola todavia ---> Pulp fiction.
· Sue Ellen,estás bébeda e,ademáis,es un pendón ---> Dallas.
· ¿Queres comerme a perrecha? ---> Abierto hasta el amanecer.
· Voute matar monte de merda mamalón do carallo.
· Ese é Ryotsu, o home máis feo, túzaro e baldreu ---> Unha de japos.
· Vouche voar os miolos ---> Pulp fiction.
· ¿Como? ¿Fodiches nela? Ti ves unha perrecha e poste tolo ---> Instinto basico.
· Es un pinpín, songoku ---> Bola do Dragón.
· “Wayne´s world, que esmendrelle” ---> “Wayne´s world , que desparrame”.
· Carallo, un alien! --
-> Allien.
· Levanta a saia, comeza a troula ---> Unha do vaqueiros.
· ¡Santos morcegos Batman! ¿Chamamos ó comisionado Gordon? ---> Batman
· “Con faldas e a rachar” ---> “Con faldas y a lo loco”.

jueves, 2 de octubre de 2008

UN GRAN ACTOR

Durante a fin de semana tódolos telediarios difundían a mesma noticia: "Paul Newman, a sus 83 años ha muerto a causa de un cáncer de pulmón". Unha gran perdida para o mundo do cine, xa que (persoalmente, claro) foi un dos mellores actores da historia. Ademáis do guapísimo que foi, todo hai que decilo.



Foi actor, director e productor, gañou tres Óscar e catro Globos de Ouro, fundou unha línea de productos alimenticios ("Newman's Own") e a súa paixón era o automovilismo. Citar películas como "La gata sobre el tejado de zinc", "Dos hombres y un destino", "El coloso en llamas", "El color del dinero" ou "Camino a la perdición", a súa última película. Atopei un vídeo homenaxe e quero compartilo con vos.

viernes, 20 de junio de 2008

UN ESTRENO ESPERADO

Hoxe chega á gran pantalla esta película, esperadísima polos grans seguidores (coma min) da serie que representa: Sexo en Nueva York.
Carrie (a amante dos zapatos), Samantha (a amante dos homes), Charlotte (a amante do amor verdadeiro) e Miranda (a amante do éxito) volven para rematar seis tempadas realmente, dende o meu punto de vista, moi boas e divertidas. Espero que a película sexa tan boa ou mellor que a serie, e que acabe ben. Descubrireino o xoves 26, se non surxe ningún incoveniente. Deixovos o trailer, por se a alguén lle interesa.

martes, 10 de junio de 2008

ESTÁ BEN SER NATURAL (reedición)

Aquí vos deixo o novo anuncio de Trina. Vino un par de veces e enganchoume a canción. Pareceume moi orixinal. Ó mellor xa o vistes (anque o botan pouquiño na tele), pero tiña que arriesgarme, jaja. A ver se vos gusta.


"Es así, que más da lo que digan los demás"


Acabo de ver na tele a outra versión e colgoa para que elixades a mellor. A min gústanme as duas, jajaja.


viernes, 9 de mayo de 2008

O SOFA DOS SIMPSONS


Para todos aqueles que lles gustan os Simpsons, aquí vos deixo un vídeo recopilatorio da parte da serie que máis me gusta: o momento para sentarse no sofá. Claro que xa están moi repetidas estas escenas, pero a min seguenme facendo gracia.

jueves, 10 de abril de 2008

QUEN FINXE MELLOR?

Non pensedes mal, que sempre estades iguaaaaal. Hoxe traiovos un video dun casting falso realizado a nenos e a nenas para ver quen minte e finxe mellor.

Teñen que anunciar uns iogures decindo o seu nome, probándoos e demostrando que están ricos. O que os nen@s non saben é que o iogur ven acompañado de sorpresa. Que cariñas poñen, pobriños.

"Iogures glotone, (mmmmmmmmmm) buenísimos"


domingo, 6 de abril de 2008

PETER GRIFFIN


Acabo de atopar ó verdadeiro Peter Griffin. ¿Ou son eu a única que o ve? Xuzgade vos mesmos. Saudossssssssss

jueves, 3 de abril de 2008

PERDIDOS

Unha das mellores series que vin. A min engachoume dende o primeiro capítulo. Hai moita emoción. En España xa se emitiron 3 temporadas e estamos á espera dunha cuarta, que en EE.UU xa se estrenou. Din que é para este mes; a ver se é verdade. Animo a quen non a siga que a vexa, pero dende o principio; se non non ten gracia xa que non se enteraría de na'. Con perder un capítulo xa perdes o fío da historia. Ademais, tanto as protas como os protas, están moi ben, jeje. De todas formas, debe ter moita audiencia porque se non deixarían de emitila. Pois eso, animadevos. Saudosssssssssss

O GUAPO DO ANO

Nin Mr. España, nin Mr. Universo. O guapo do ano é Miguel Angel Silvestre, máis coñecido como El Duque. Ainda que hai que decir que no 2002 foi Mr. Castellón. Iba para xogador de tenis, pero lesionouse nun torneo en Hungría e decidiu dedicarse á interpretación. Traballou en series españolas como Mis Adorables Vecinos e Motivos Personales, pero o seu despegue definitivo producese ca última serie que está rodando, Sin Tetas No Hay Paraíso. Tamén estivo no mundo do cine e do teatro. Vamos, que lle vale todo.