Mostrando entradas con la etiqueta Cumpleanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cumpleanos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de abril de 2009

PRIMEIRO ANIVERSARIO

Pois sí, así é. Hoxe fai un aniño que decidín crear este blog para deixar constancia das miñas ideas, os meus gustos, os meus recordos. Xa se dí que un blog é coma unha especie de diario e, posto que escribir a man cansa moito... Ademais, así, a xente disfruta das miñas MAGNÍFICAS historias; aínda que só un número reducido de persoas (3, como moito 4) o lean e o comenten e o disfruten. Ala, a felicitar ó meu blog cas vosas mellores felicitacións (valga a redundancia).

FeLiCiDaDeS!!!!!!!

lunes, 23 de marzo de 2009

FELICIDADESSSSSS

Xa facía tempo que non poñía un cumpleanos. Esto recór- dame que outra vez a gastar cartiños(jejeje).

Tocouche Piti. A todos nos chega o día. E eso que a ti, nestes días, botáronche menos anos dos que realmente tes. Que son 27, a ver se vos enterades. Xa pronto cambia o 2 polo 3. Menos mal que estou eu aquí para aclaralo todo. Pois eso neniño, que o pases moi ben; aínda que para eso mellor non ter que traballar ¿non? O finde, o finde todo o día e a noite por ahí de festa e borrachera. E acórdate de invitar a algo. Que non se che olvide, que eso é o máis importante. A ver se tes sorte e hai algún regaliño por ahí.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MoiTaS FeLiCiDaDeS!!!!!!!!!!!

domingo, 15 de febrero de 2009

FELICIDADES PARA......MUÁ

Weno, pois oficialmente xa é o meu cumpleanos. E ofi- cialmente xa son un ano máis vella. Como puxen os cumpleanos de todos (ou case todos) os amigos e familiares...tocarame a min disfrutar dunha entradiña, xa que é o meu blog.

Que triste ¿verdade? Quedar na casa o día do meu 23 cumpleanos, sen poder saír a celebralo. Nin os amigos me veñen sacar da casa. Vou afogar as penas en licor 43 eu soa, toda a noite. E soplar unhas veliñas; polo menos para pedir un desexo. Gracias, de antemán, a quen se acorde e me felicite, jajaja.

¡¡¡¡¡¡¡FeLiCiDaDeS a min mesma!!!!!!!

martes, 3 de febrero de 2009

FELICIDADES

E non parades de cumprir anos. Menos mal que teño unha gran memoria (e un móvil que me avisa de todo), que se non...non sei se me acordaría de todos. Hoxe tócalle o turno a esta morena que sae comigo na foto: Martiña.

Que decir dela. Sempre nos levamos ben dende pequenas. Comigo sempre se portou moi ben. Somos primas segundas ou terceiras (nunca me aclararei con eses roios familiares), pero primas ó fin e ó cabo. Cando acabe este encerro penso cobrarlle unha copa, que xa fai tempo que non nos vemos e sempre quere quedar a tomar algo. Pois sairalle caro, jajaja. A ver se entra en internet e o pode ver, senon terei que gastar 0'15 € para que sepa que me acordo dela.


¡¡¡¡¡FeLiCiDaDeS prima!!!!! Que cumplas moitos máis e mellores.

jueves, 29 de enero de 2009

PARA A MIÑA MAMÁ

Tal día coma hoxe, fai 47 anos, naceu esta mulleriña vestida de azul que...para quen non o sepa é miña nai. ¡¡¡FELIZ CUMPLEANOS!!!
Aínda que pasaran eses anos, parecemos dúas pipioliñas, dúas irmás ¿a que sí, a que sí? (pero que pelota son, se esto non o vai ler). Foto feita fai tres anos na praia de Carnota, a única foto que teño con ela de cámara dixital, que triste.
Non vou poder pasar con ela este día porque o deber chámame, pero intentarei facerlle un regalazo para compensalo. Pois eso mamuki, que cumplas moitos máis para poder aguantarme moitos anos. Arriba as Acuario!!

lunes, 1 de diciembre de 2008

DÚAS POR UNHA

Onte foi o cumpleanos destas rapazas que, aínda que parezan unha, son dúas distintas e... moi distintas, asegúroo. Pois eso, que me olvidei de mandarlle o mensaxiño de rigor que se manda por estes días e mandeillo hoxe, que máis vale tarde que nunca. E como non sabía con que actualizar esto... pois ahí queda.

¡¡¡¡¡MoiTaS FeLiCiDaDeS!!!!!

viernes, 31 de octubre de 2008

A NENA DOS MEUS OLLOS




Aínda que pasen os anos, sempre será a nena dos meus ollos. Porque con 1 aniño viña para Cruces e só quería durmir comigo; porque con 2 anos piropeaba ós rapaces que me gustaban; porque durmindo dábache bicos (aínda que chegara a resultar empalagosa); porque con tres/catro anos veu vivir a Cruces e eu (en maior parte) fun quen a coidei durante algúns anos. E podería seguir pero estenderíame moito.

Pois esta nena xa se está convertindo en chica. Maña cumple os 14 anos e xa non me fai o mesmo caso, pero non me importa. Sempre será a miña nena (repito). Así que peque... ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! E que cumplas moitos máis e mellores.

miércoles, 29 de octubre de 2008

ENTRANDO NA CUARENTENA

Hoxe tócalle cumprir anos a este homiño, o meu tito.Cuarenta, nada máis e nada menos. Pero...a que non se lle botan? Se é que a todos nos chega o turno. E eu estou aquí pa descubrir a edade de todos. Durante todo este ano non puiden ir a ningún cumpleanos familiar, porque non fun o seu e se non enfadábase. A empezar de novo o ciclo. Esto de ter unha familia tan grande....

MoiTaS FeLiCiDaDeS!!!!!! E que cumplas moitos máis.

martes, 7 de octubre de 2008

...E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!

Ainsss, o meu pequeniño xa se fai maior. Todos tiñan que facer coma ti: a máis anos, máis enerxía. Se estás coma de 15, aínda que caian 28 (teño que dicir a idade, sintoo). Agora toca invitar a algo, polo menos a min que son a que máis te quere, jejeje. Este ano será mellor que o anterior, e o próximo aínda máis e...así cada ano que pase. E dille a ese catarro que marche xa, que estás de cumpreanos e que o finde tes que celebralo.
¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! Que cumplas moitos moitos moitísimos máis.

martes, 30 de septiembre de 2008

HAPPY BIRTHDAY...

...to you!!!! Outro cumpleanos máis para celebrar. Hoxe tócalle ó futuro papá que xa esta chegando á treintena. Pero non por eso é máis vello. Así que todo dios a reclamarlle unha copa este sabado, ou un café, que o que conta é a intención. Que cumplas moitos máis e mellores. ¡¡¡FELIZ CUMPLEANOS!!!

miércoles, 24 de septiembre de 2008

UNHA FELICITACIÓN ATRASADA

O domingo 21 foi o cumpleanos desta rapazola que aparece nas fotos, pero eu non puiden colgar esta felicitación ata hoxe. Xa se sabe que máis vale tarde que nunca non? Pois de novo MOITAS FELICIDADES!!!!!!!! E que cumplas moitos moitos moitos máis, para coidar moito a ese rapaciño/a que ven de camiño.

viernes, 29 de agosto de 2008

FELIZ, FELIZ NO TEU DÍAAAAA!!!!!

Weno, xa tou de volta. E volvo cunha felicitación para esta rapaciña (porque aínda é unha rapaciña). Son moi boa recordando fechas, pero moi mala recordando os anos que cumple cada un/unha, así que tesme que perdoar.

Felices...os que sexan!!!

Que este ano sexa moitisimo mellor que os anteriores. E recorda...unha copiña pa' min, que son a máis mellor (se ves esto, claro). A pasalo ben e a coidarse. ¡¡¡¡¡FELIZ CUMPLEANOS!!!!!

martes, 24 de junio de 2008

CUMPLEANOS FELIIIIIIIZZZZZZ

"Feliz, feliz en tu día..." Este rapazolo que aparece nas fotos, coñecido por todos como POL, cumpre hoxe anos e eu quero felicitalo con este regaliño. Se non me equivoco son 26 os que caen. Na flor da vida, vamos. Como non creo que vexas esto xa che mandarei un sms.

Pois eso, Poliño, MOITAS FELICIDADES e que caian moitos máis.

lunes, 23 de junio de 2008

O PRIMEIRO ANIÑO

¡¡¡¡¡FELICIDADESSSSSSSSSSSSSS!!!!!

Aínda que sei que él non o vai ler, non podo deixar pasar a oportunidade de celebrar o seu primeiro ano e de mandarlle un biquiño de felicitación a este rapaciño tan guapooooo, que é meu primo. Quen sabe, se este blog dura e perdura poderá ler esto cando sexa máis maior. Espero que lle faga ilusión. ¡¡¡¡¡¡Un aniño xa!!!!!!

¿A que é bonitiño? ¿A que si, a que si? Está pa' comelo.