Mostrando entradas con la etiqueta Inventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inventos. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2009

TODA UNHA PROFESIONAL

Un novo cachivache nas miñas mans; e todo gracias a ti, Sr. Kamino. Agradécese, que así aforro unhas pelillas a fin de mes.

Levo dous días ca máquina esta de liar tabaco e, como dí o título, xa son toda unha profesional. Xa que agora se leva todo por máquinas...eu non vou ser menos. Pero claro, só por a semana. Porque se teño que saír con tódolos bártulos no bolso...necesitaría unha maleta. E que sepades, os que facedes os pitillos a man, que é moito máis rápido e...¿fácil? Pois non sei. Eu aínda non probei a facelos sen esta supermáquina.

jueves, 6 de noviembre de 2008

WATER MULTIUSOS

Acabouse xogar cos botes de xel, contar os debuxos das baldosas e poñerlle formas, levar revistas para entreterse, mirar ó teito e moitas cousas máis, mentres fas as túas cousas. Agora terás todo un piso no teu cuarto de baño. Ideal para eses pisos modernos de hoxe en día que miden menos que unha habitación normal. Máis de un que eu sei estaría na gloria con este invento.

Equipado con:

·Televisor de pantalla plana con soporte móvil.
·Xbox 360.
·Reprouctor DVD.
·Reproductor de audio con base dock no soporte do papel hixiénico.
·Megáfono.
·Nevera..
·Cafetera.
·Portátil con conexión Wifi.
·Ventilador.
·Pedales para facer exercicio.
·Lámpara.
·Un par de cousas máis que non sei que son.
·E por suposto, o retrete (que case me olvido).

jueves, 15 de mayo de 2008

INVENTOS XAPONESES


Pregunta: ¿son os xaponeses bos inventores ou son algo esaxerados? Con estas fotos de inventos en parte ridículos, en parte "orixinais" deixovos que o pensedes e opinedes.

Co que me costa a min untar a mantequilla, jajaja.

martes, 29 de abril de 2008

QUEN SE ATREVE???


Esta atracción atópase nun hotel das Vegas. Que?? Atrevédesvos?? Eu subiría se non fose por ese pequeno detalle e tamén porque non sei como se sube. Voando quizais? Porque se non non o entendo.

lunes, 14 de abril de 2008

TOBOGÁN RAIADOR


Non me extraña nadiña que o neno teña esa cara de susto. Xa hai que ter mala ostia pa inventar esto. En fin; din que é un invento chino, asi que xa se sabe o que hai. Supoño que o que o fixo non ten fillos, porque se non...

martes, 8 de abril de 2008

CHUPETES DE DISEÑO


Xa non saben que inventar. Pobres nenos, co bonitiños que son e o feos que están con este novo modelo de chupete. Vale, son graciosos, pero hai que ter moito sentido do humor pa poñerllo ó teu fillo. A ver como reaccionan cando sexan maiores e vexan as fotos.