Mostrando las entradas con la etiqueta Un pouco de arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Un pouco de arte. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2009

DECORANDO AS CIDADES

Todos tedes visto algunha vez na tele, en fotos ou en persoa este tipo de arte. Persoalmente, penso que é unha forma orixinal de decorar as rúas e que se debería utilizar para darlle un pouco maís de colorido e de alegría a tódalas cidades do mundo; claro que dun xeito controlado, senon acabaría por aburrir. E buscando outro tipo de material, porque a tiza...duraría pouco.




A maioría das imaxes son dun tal Julian Beever. Este británico fixa no pavimento debuxos de tiza en 3D utilizando un método chamado anamorfosis que, como podedes ver, crea unha ilusión óptica. Como últimamente estou un pouquiño espesa e non sei moi ben que curiosidade poñer neste blog...puxen arte en google e saíronme estas orixinais e interesante imaxes. Hai moitas máis, pero non era plan poñelas todas. Deixovos o traballo a vos, que non volo vou dar todo feito.
(Pinchando nelas vense mellor).

martes, 2 de diciembre de 2008

FELICES FESTAS...CON FREIXENET

Volven as burbuxas Freixenet que desapareceron do anuncio o ano pasado, e fano da man das rapazas da selección española de natación sincronizada. Cousa que me encanta, pois paréceme realmente espectacular esas cousas que fan debaixo da auga. E ademais, as burbuxas sempre formaron parte do anuncio.


O anuncio sairá na pequena pantalla o día 8 (deste mes, obvio) e como pequeno adianto aquí queda unha parte del. Ou eso creo, porque supoño que será máis extenso; como de costumbre.

miércoles, 10 de septiembre de 2008

ARTE NA PRAIA

Unhas cantas figuras de area pa' demostrar o don que ten algunha xente. Se é que para facer esto...hai que ter moito arte. Recordo cando fun a Benidorm de excursión, que todo o largo do paseo da praia (que era moito) tiña figuriñas destas feitas con area. O primeiro día quedamos embobados mirando algunhas.

Un traballo que leva o seu tempo facelo e que alguén, como esta reporteira de Tele5, pode estragar en menos de 1 minuto. Se é que son eu o tío...e vamos se lle cobro. Hai que ser cafres.

jueves, 22 de mayo de 2008

ALIMENTOS CREATIVOS






¿Orixinais verdade? Mandáronme algúns por correo e pensei en buscar máis e colgalos aquí. Ó igual que os cafes aqueles, ¿non vos daría roio comelos? Ou hai xente que se aburre moito ou eu non teño tanta imaxinación como para pensar en facer esto. ¿Ou é que se trata dun photoshop?

Que monten un museo, jajaja.

domingo, 4 de mayo de 2008

MÁIS PUBLICIDADE


Mandáronme esta imaxe por correo e pareceume interesante poñela, para resolver as dudas que tiñades de como eran as máquinas de tabaco por dentro. Non é Pol, pero podería selo. Quen sabe, ó mellor un día deixa os cristais polo tabaco

martes, 22 de abril de 2008

PUBLICIDADE CREATIVA

¿Non vos preguntastes algunha vez como funcionan as máquinas de café, os fotomatóns, etc., por dentro?
Pois aquí tedes a respostas.





Se pulsades na imaxe vese máis grande

jueves, 10 de abril de 2008

ÁNGULO PERFECTO


Fotos curiosas, ¿verdade? Eu ca pouca imaxinación que teño non creo que se me ocurrira sacar unha foto destas, das que se chaman con ángulo perfecto. Pero si me alegro de que haxa xente que o faga, porque son unhas fotos moi orixinais e bonitas, ¿non credes?

lunes, 7 de abril de 2008

ARTE CON CAFÉ OU CAFÉ CON ARTE???

Un día, falando de cafés cunha personiña, dixome que había xente que facía estas movidas. É todo un profesional, ¿ou non? Jajaja. A min ata me daría pena tomalos.