Mostrando entradas con la etiqueta Cando non sei como etiquetar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cando non sei como etiquetar. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de noviembre de 2009

REGALO SORPRESA

O venres cheguei á casa e miña nai tíñame un pequeno regalo...que xa pedira fai tempo, un novo móbil. Pero como tiña que esperar a que finiquitara o contrato de Vodafone... Agora xa é Orange e, polo menos, non ten que saír á fiestra a falar por teléfono.

Volvo a ser Nokia...por fin (5800 ExpressMusic, pa' ser máis exacta). Moita tecnoloxía xunta para min, que son un pouco cateta con algunhas destas cousas modernas. Xa tiña ganas dun pequeno cambio.


Agora temos dous móbiles ós que non lles damos uso ningún. Se sabedes dalgún interesado que necesite algún avisade, que o prezo é económico. Agora mesmo non me acordo dos nomes...pero actualizo para a semana e xa o poño. Ah, e son Vodafone.

domingo, 6 de septiembre de 2009

AS DUAS LUAS

Así pretendían facer crer, cun bulo transmitido vía internet, que luciría o ceo da noite do pasado 27 de Agosto, con dúas lúas, debido o acercamento de Marte á Terra. Un fenómeno que non volvería ocurrir ata o 2287. Pero para que esto fose certo, Marte tería que acercarse a tan só 780.000 Km da Terra. Se chegara a ocurrir, o tirón gravitatorio do "novo satélite" dobraría a potencia das mareas terrestres e as cidades costeiras sufrirían as consecuencias. Por sorte para todos, o planeta vermello atopábase a 250 millóns de Km da Terra.

A orixen deste bulo está nun feito real sucedido en 2003, cando houbo o maior acercamento do planeta Marte á Terra (en 600 siglos); situouse a 56 millóns de Km. Marte contemplouse a simple vista, pero como unha estrela. Eso sí, especialmente brillante (o que volverá pasar no famoso ano 2287). A pesar de que este feito é desmentido ano tras ano, cada 27 de agosto o rumor volve a circular pola rede.

martes, 10 de marzo de 2009

COMO CADA PRIMAVERA

Nada máis empezar o mes de marzo (se non chove, claro) ou en canto empezan as árbores a soltar polen, empezo a sentir estos síntomas: picazón de ollos e nariz, lagrimeo, ollos roxos e hinchados, estornudos, cansancio, etc, etc, etc. Vamos, o que se coñece comunmente como alerxia ó polen. Ó polen das chamadas "plantas anemófilas", que polinizan polo vento. Ese polen amarillo que nesta época soltan os pinos e que non deixa nin lavar o coche nin limpar as fiestras, porque ós 5 minutos volven estar iguais.

E como todos sabedes, canto máis chova no inverno máis concentración de polen haberá no ambiente en primavera. Pois, visto o visto, espéranme uns meses bastante jodidos. Para poder evitar, en gran medida, estes síntomas teño que:

  • Non abrir as ventás da casa nin as ventanillas do coche; vivir a base de aire acondicionado con filtros de polen.
  • Non saír da casa antes das 11 da mañá, xa que a concentración de polen é maior.
  • Non saír nos días de vento sen tomar algún tipo de tratamiento.
  • Usar mascarillas e gafas para evitar un maior contacto co polen.

Así que, en resumidas contas, ou quedo na casa durante o tempo que dure ou me disfrazo para saír á rúa. Mellor vou optar por "drogarme" cunhas pastillas relativamente milagrosas que teño que empezar a tomar...xa. Ah, e esperar ós 50, que é cando din que tende a mellorar.

jueves, 12 de febrero de 2009

A VER SE FORA CERTO

Sempre se di que despois da tormenta ven a calma. Esta é a suposta previsión para este fin de semana (porque xa se sabe que moito moito non acertan). Sol, subida de temperaturas e fora chuvia e neve. Pero...canto durará???


Pois espero que dure máis do que di o mapa do luns, porque xa aparecen de novo algunhas nubes. A ver se Lorenzo se anima e bota con nos unha temporadiña. A min non debería importarme moito xa que case non vou sair da casa, pero son tan boa tan boa que non quero que o resto da xente pase frío nin se molle. A disfrutar do sol (por vos e por min).

jueves, 5 de febrero de 2009

UN SOÑO

Ainsss, quen puidera ter un traballiño bo e comprar esta preciosidade de coche. Ou uns pais ricos, tamén serviría. Antes decantábame sempre polo Audi A3, pero dende que vin este...

Sei dalgún que anda tolo por comprar un coche. Pois aconsélloche este; ó mellor usabao eu máis ca ti (jajaja). Se queredes ver as características so tedes que entrar na páxina de BMW. Eu non entendo moito de coches, pero parece estar ben. Repito, quen puidera...(e ese "quen" son eu). Ó mellor algún día...

martes, 13 de enero de 2009

MARTES 13

Estou vendo o programa este de Cuatro, "Estas no son las noticias" e andan falando desto das supersticións e dixenme a min mesma...xa que hoxe é Martes 13, ¿por qué non colgar algo no blog sobre este tema? E visto o visto, que non se me ocurre nada que escribir estes días...

Agora decídeme, ¿credes nestas cousas? Existen miles e miles de supersticións, tanto para ben como para mal: pasar por debaixo dunha escaleira, cruzarse cun gato negro, abrir un paraugas dentro da casa, botarse sal, cruzar os dedos, tocar madeira, empezar o ano con algo vermello, etc etc etc. Eu, particularmente, con estas cousas teño máis sorte que menos. Non sorte de que me toque a lotería, ou aprobe todo, ou cousas dese estilo, senon que me vai un pouco mellor o día (e teñoo comprobado). Tamén pode ser eso que se chama casualidade.

jueves, 4 de diciembre de 2008

PONLLE FRENO

A plataforma Ponle Freno de Antena 3 e Onda Cero quere agora apoiar a señalización dos puntos negros e tramos perigosos das carreteras de toda España. Para eso necesita a colaboración de todos nós.


O Parlamento cántabro xa aprobou esta iniciativa, por unanimidade. Se queres que esto pase na túa comunidade so tes que firmar. Para os que non o fixestes aínda e non queirades andar buscando na páxina oficial, aquí vos deixo onde o tedes que facer. Só se necesita nome e DNI. Fácil ¿non? Ademais...non costa nada.

martes, 11 de noviembre de 2008

CADA ANO O MESMO

Herpes simple: lesión cutánea inflamatoria que se caracteriza pola aparición de pequenas vesículas, causada polo virus herpes hominis dos tipos I e II.



Pois así teño eu o labio. Dende fai 8 anos, que collín unha gripe de aúpa (e en navidades), cada ano por esta época saeme un. E que molesto é. E como fastidia. Xa onte, cando me ía deitar notei como se me hinchaba o labio, picábame e queimábame. E xa me puxen de mala o... E hoxe á farmacia. Agora tócame esperar polo menos unha semana a que pase. Maldita a hora en que me baixaron tanto as defensas aquel día fai 8 anos.

martes, 22 de julio de 2008

PECHADO...ATA QUE SE POIDA

Xa levo case un mes de vacacions e non houbo maneira de poder publicar unha entradiña de este estilo, xa que sabia que non poderia telo actualizado como o tiña durante o curso. Sen internet na casa, sen ordenadores que funcionen ben nos bares... En fin, asi non se pode. Cando poida colgarei algo por aqui para que non vos olvidedes de min. Ainda que sexades pouquiños os que ledes esto, jeje.

Felices vacacions para todos!!!!!!!!!

martes, 1 de abril de 2008

HOLAAAA

Como esto dos blogs está moi de moda, pois eu tamén me animei a facer un. So espero que vos guste a tod@s e que escribades os vosos comentarios. Óscar, tes que axudarme a que esto sexa ameno, jeje. Saudosssssssss.