Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de enero de 2010

ADQUISICIÓNS MUSICAIS



Estos son os dous últimos discos orixinais que chegaron ás miñas mans. O primeiro, "Paraíso Express", apareceu o día de Reis (xa que llo pedira) e o segundo, "Por mí y por todos mis compañeros", (que tamén pedín, pero non houbo maneira) merqueino hoxe co pretexto das rebaixas. Por escribir algo máis, decir que os dous están bastante ben. Alejandro Sanz parece que por fin cambiou o estilo dos tres últimos cd's e El Canto del Loco fai a súa particular versión dalgunhas cancións dos '80.

jueves, 29 de octubre de 2009

DESCUBRINDO...

Sei que os que ledes este blog non sodes seguidores dos meus gustos musicais. Pero gracias á serie "90 60 60 Diario secreto de una adolescente" (que, postos a falar, non é unha serie extremadamente boa, pero sí con unha banda sonora que me gusta) descubrín dous grupos que non están nada mal.

El Pacto é un grupo alicantino que xa é "medianamente coñecido" se escoitades a radio ou vedes o 40 Latino. Xa lanzaron dous singles. Ademais foron descubertos no programa de Buenafuente, nun apartado de novos talentos (ou algo así). Gustoume pola voz da tía, que é impresionante.




Bizarre é un grupo catalán cun só álbum de estudio á venta, como os anteriores. É a primeira vez que os escoito, pero non sonan mal. Todalas cancións están tamén en catalán. Gustoume, tamén, pola voz da tía que, neste caso, é máis dulce.

lunes, 5 de octubre de 2009

PARAÍSO EXPRESS

Despois de 3 anos fóra do mercado musical e dentro de problemas e rumores que nada teñen que ver ca música, volve o artista que marcou a miña infancia. E volve cun disco que, espero, non ten que ver cos 2 anteriores. "Paraíso Express" sae á venta o 10 de Novembro e para a presentación fará oito concertos en Madrid. O primeiro single, "Looking for Paradise", xa sona en tódalas emisoras, no que colabora ademais Alicia Keys. Rara pero bonita (a canción, digo).

martes, 27 de enero de 2009

UN NOVO SINGLE

Despois do éxito acadado con "El Mundo se Equivoca", La 5ª Estación volve con un novo single que xa foi estrenado o 5 de Xaneiro, "Que te quería". Haberá que esperar ata Marzo para que saia o cd completo (esperarei, esperarei) co título de "Sin Frenos". Quen seguía este grupo sabe que eran 3 componentes, pero por "malos roios" o guitarrista Pablo abandonou o grupo. Seguen na mesma línea, pero é que a min só con escoitar a voz de Natalia... Vamos, que me gustan moito.

martes, 18 de noviembre de 2008

DÚAS GRANDES VOCES

Hoxe saen á venta estos dous discos: "Primavera antici- pada" e "Amaia Montero". Dous discos que, a verdade, chámanme moito a atención.



E chámanme a atención porque son dúas cantantes que seguín dende que saiu o seu primeiro disco, ainda que Amaia estivera con LOVG. Constan de 14 e 12 temas novos, respectivamente, algún con colaboracións. Terei que baixalos ou grabalos de outros, que a miña economía non é para botar cohetes. E con esto da crisis... so queda eso. Terei que buscar un traballo.

jueves, 9 de octubre de 2008

QUEN TRIUNFARÁ MÁIS...???

¿"La Oreja de Van Gogh" sen Amaia ou Amaia sen "La Oreja de Van Gogh"?

Amaia tiraba moito polo grupo, pero en realidade só era a voz. Quen compoñía a maioría dos temas eran o guistarrista (Pablo) e o pianista (Xabi). Se me teño que decidir por algún dos dous bandos, e tendo en conta que xa escoitei os singles de ambos...pois non dou contestado á pregunta. A voz de Amaia gústame moito pero o estilo de "La Oreja de Van Gogh" segue sendo o mesmo e sempre me gustou. E a nova cantante, Leire, pois non o fai tan mal. Ó mellor triunfan por igual os uns que a outra; tamén pode ser. Para que xuzguedes vos mesmos deixovos os vídeos dos dous singles.

"El último vals" ------> La Oreja de Van Gogh


"Quiero ser" ------> Amaia Montero

miércoles, 25 de junio de 2008

DUNHA PA' OUTRA



Como todos sabedes, este famoso cantante conocido como Melendi, estivo metido en moitos "fregados": que si as drogas o mataron, que si un escándalo nun avión, etc, etc, etc.

Pero agora a revista
Interviu publica un extenso reportaxe onde se relata que o cantante está acusado, pola súa ex-moza, de malos tratos físicos e psicolóxicos. E eso que nun dos seus discos ten unha canción sobre o maltrato ás mulleres. En tanto que andivo metido, eu xa non sei que pensar. Moito ó seu favor non ten, xa que naquel famoso avión demostrou un carácter bastante agresivo.

En fin, a ver en que acaba todo esto.

sábado, 21 de junio de 2008

O MULTIUSOS CHEO



Éste é o resumo do concerto que Juanes ofreceu onte en Santiago. Non, non as saquei eu; oxalá. Se non fora polo precio da entrada podería haber sido eu, pero non me chega o presuposto pa tantos concertos. Según O Correo Galego encheu o Multiusos Fontes do Sar cas cancións dos seus 3 últimos discos. So espero que para a próxima vez que veña poida ir.

martes, 6 de mayo de 2008

GRAN CONCERTO

Este é un pequeno resumo do concerto do 15 de Abril en Santiago de ECDL . Sí, un pouco retrasado pero como non tiña como descargar as fotos...non puiden colgalas antes. Un pouquiño caro si que foi pero mereceu a pena.

lunes, 14 de abril de 2008

ERES TONTO (La historia color tierra. Dinero)

O segundo vídeo de Eres tonto, o single de El Canto del Loco

miércoles, 9 de abril de 2008

A DIVA

O 28 de Abril sae á venta o novo e esperadísimo disco de Mónica Naranjo, Tarántula, despois de 7 anos sen publicar ningun álbum de estudio. As cancións máis coñecidas de esta cantante son, probablemente, Sobreviviré e Desátame. Onte presentou o seu novo single Europa na primeira gala de OT 2008. Pódese decir que é un estilo moi diferente ás anteriores cancións; pero menuda voz, impresionante. Aquí vos deixo o video presentación. Saudosssssssssss

martes, 1 de abril de 2008

ERES TONTO (La historia fría. Cosas)

Hoxe, despois de 3 anos, sae á venta o novo disco de El Canto del Loco "Personas" . Eu xa o teño nas miñas mans e xa o estou escoitando; por fin (jaja). Primeira impresión: mellor que o anterior. Algúns estarán de acordo comigo en que son bos e outros dirán que son uns frikis. Pero xa se sabe que para gustos, cores. O primeiro single titúlase "Eres tonto" e del fixeron 3 videos diferentes con historias entrecruzadas. Aquí vos deixo o primeiro vídeo. Saudossssss