Mostrando entradas con la etiqueta O meu mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O meu mundo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de septiembre de 2009

VERAN 2009

Xa estou de volta por estes lares, despois de 2 meses. E como sempre, un pequeno resume das vacacións veraniegas. Un verán sinxelo, pero ameno. Un paseiño pola Feira Medieval de Noia, uns días de relax familiar en Portosín, coa súa correspondente visita obrigada (anual) ós Castros de Baroña e ó monte da Curota, e unha cenola na Carixa, entre outras cousas (pero non saquei moito a cámara de festa). Vamos, a rutina de tódolos anos. Pero, ás veces, é mellor o malo coñecido que o bo por coñecer, ou eso se di.







martes, 17 de febrero de 2009

OS PRIMEIROS REGALOS



Só houbo unha personiña que me veu visitar e facer compañía o día do meu cumple (por certo, grazas) e troixome estos regalos. Ademais de uns mecheros (que andaba escasa, todo hai que decilo) e unha chaqueta/ cazadora chula chula chulísima (pero que non me sirve) que...non, non é como as zapatillas nin a manta. Se tivera sorte e houbera unha talla máis...

Agora a esperar a ver que cae cando chegue á casa, jajaja.

lunes, 19 de enero de 2009

ESCALANDO POSICIÓNS



Aquí o meu regaliño de reis, que chegou tarde pero chegou. Unha Nikon D60. Pufff, que ganiñas tiña dunha cámara así. Ata comprei o primeiro fascículo de curso de fotografía para irme entrenando. A esperar polos que quedan, que fan moita falta para poder entendela á perfección. O malo é que ata dentro dun mes non a podo disfrutar por completo. Para que morrades de envidia (jajaja), algunhas das características da cámara:
  • Formato SRL (reflex digital).
  • 10 megapixels(10.2 megapixels efectivos).
  • Resolución máxima --> 3872x2592.
  • VR 18/55mm y VR 55/200mm.
  • Sensor CCD con array RGB.
  • Disparo en ráfaga de ata 3 imaxes por segundo.
  • Memoria SD/SDHC.
  • LCD de 2.5''.
  • Sensibilidade máxima de 1600 ISO.
  • Sistema de limpeza automática do sensor basado en mecanismos de vibración.
  • Compatible con tarxeta SD con Wifi Eye-Fi.
  • etc etc.

Si, seino. Sona a chino. Nin co libro de instruccións me entero moito. É só para aparentar. Xa vos sacarei algunha fotiño con ela. Ainssss...

miércoles, 7 de enero de 2009

UN NOVO ANO

Despois de uns días de vacacións e descanso (por decir algo) volvemos á rutina de clases, traballo ou calquera que sexa a ocupación. Unhas vacacións con moita festa, visitas inesperadas, ceas navideñas, fin de ano ata a mañá para aprobeitar ben a noite... He aquí unhas poucas fotos para recordar estes días navideños.

lunes, 15 de diciembre de 2008

NESTAS FECHAS...

...todo parece tan bonito con esas luces nas rúas, eses escaparates todos adornados, eses bares con árbores de navidade. Pois a miña casa (weno, a de meus pais) non ia ser menos. E como son unha artistaza decorando árbores (modestia aparte)...aquí queda o meu. Para adornar a casa e para adornar esta páxina, que tamén celebra o Nadal.

Ainsss...pero que "potito" me quedou.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

A LAMBADA

Jops, que recordos me trae esta canción. E atopeina de casualidade. Cando era unha retaca (de edade, pa' que non haxa vaciles nin comentarios ca miña estatura) encantábame bailala ca miña nai. Claro que non o facíamos tan ben. É normal, estos brasileiros son os reis do baile. O único que quería era ter unha desas falda; faldas de vuelo, como lle chamaba eu.


Se é que eu de pequena tiña moita arte, pero perdeuseme toda e non sei por qué. E que me decides deses dous rapaciños? Ainsss...teño que ir a clases de baile.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

OS PRACERES COTIÁNS

Pois tócame responder ó Meme que me chega gracias á señorita Meris, sobre os praceres cotiáns. Que din que son esas cousas que facemos normalmente e non lle damos a importancia que debería ter. Coincido nalgúns con ela pero para non copiar ou repetir intentarei poñer outros, que hai moitos na vida (por sorte).
  1. Escoitar música. E tanto me da que sexa cos cascos mentres vou no bus como cando me quedo soa na casa e a poño a todo volumen. O que quero é desconectar.
  2. As conversacións/bromas que se teñen na casa dos meus avós un domingo calquera despois de comer, cando estamos todos ou case todos.
  3. Neses días de praia, sentarme na orilla a esperar que cheguen as pequenas olas mentres penso nas miñas cousas, falo con miña nai de tonterías ou vexo ós rapaces xogar.
  4. Esa media volta que se da unha vez que toca o despertador por primeira vez na mañá.
  5. Un bo puzzle. Venme de familia. Fai falta moita paciencia pero reláxame moitisimo e máis cando non hai nada que facer. O malo son as cervicais, que doen.
  6. Os bicos e abrazos. Veñan de quen veñan, pero que sexan sinceros.

sábado, 6 de septiembre de 2008

UN MUNDO DE CORES

O domingo pasado foi a Festa do San Ramón nas Illas de Gres e eu, coma tódolos anos dende que nacín, alá marchei ca family. Unha festa que perdeu moita xente, por desgracia.

Pois he aquí a nosa mesa que, chula chula non será pero colorida...un rato. Tódolos que pasaban por alí quedaban mirando para ela. Normal, chamaba a atención dende lonxe.

Se é que os platos normais pesan moito, pero postos a traer de plástico... ¿porque non os de usar e tirar que non hai que lavalos? Se é que a esta familia sempre lle gustou moito traballar.

martes, 2 de septiembre de 2008

RESUMO VACACIONAL

Aínda que deixei unha entrada fai uns días...a miña volta á rutina comeza hoxe. Así que aquí vos deixo un pequeno resumo das miñas vacacións (que non foron malas). Algunhas cousas omítoas, porque senon...non me chega unha páxina para tódalas fotos.

CEA NO RÍO



A pesar de que case nos quedamos sen cea, foi unha noite chula. Moito frío, eso sí; pero estaba o coche-armario de Pol que, para ocasións así, nunca sobra.

FESTA MEDIEVAL DE NOIA



Chegar á unha do mediodía, instalarse no hotel, ir comer...e xa empezar a beber. Que máis da, un día é un día ¿non? Unha festa que a min, persoalmente, me gusta moito. E sempre o paso ben. ¿Porqué será?

UNS DÍAS DE PRAIA E PASEOS


Aproveitando que algúns afortunados estabamos de vacacións...¿porqué non sacar proveito delas? Un pouco de praia non ven nada mal. E así, de paso, coñecemos novos sitios.

DE BODA

Un sitio bonito, unha comida rica e unha compaña estupenda é a receta perfecta para pasar un día de boda. Ademáis dos noivos, claro. O que máis me gustou...: o céspede, para poder sacar os malditos tacóns. O que hai que sufrir por estar guapa. Un 10 para Marta e Dani.

martes, 13 de mayo de 2008

FOTO-RECOPILACIÓN

Un vídeo recopilatorio dalgunhas fotos miñas e de meus friends. Mentres o diseñaba ocurreuseme colgalo aquí, para disfrute de todos jeje. Espero que vos guste. Saudosssssssss.