Pois sí, a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo en activo, xa é Patrimonio da Humanidade. Así se decidiu esta mesma tarde en Sevilla, na 33ª reunión celebrada pola UNESCO. Se é que estamos que nos salimos. É o 40º elemento nomeado patrimonio dentro de España e o 3º de Galicia. Esto significa que xa é un sitio cultural de "valor universal excepcional".sábado, 27 de junio de 2009
PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Pois sí, a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo en activo, xa é Patrimonio da Humanidade. Así se decidiu esta mesma tarde en Sevilla, na 33ª reunión celebrada pola UNESCO. Se é que estamos que nos salimos. É o 40º elemento nomeado patrimonio dentro de España e o 3º de Galicia. Esto significa que xa é un sitio cultural de "valor universal excepcional".lunes, 15 de junio de 2009
PARA QUE HAXA ALGO GALEGO
O "Bureau Internacional de Capitales Culturales" desarrolla a campaña de elección dos 10 tesouros do "Patrimonio Cultural Inmaterial de España" (dos 45 propostos) ca vontade de promover, divulgar, sensibilizar e salvagardar dito patrimonio.
Destacan algúns como as Fallas de Valencia, o Carnaval de Tenerife, a Feira de Abril de Sevilla, a Lenda dos Amantes de Teruel, a Romaría do Rocío de Huelva ou a Tradición da Virxe do Pilar de Zaragoza. Pero para que mirar as festas e tradicións do resto de España se na nosa terra tamén temos bos candidatos para poder estar entre os 10 gañadores. Os propostos en Galicia son:
- A Rapa das Bestas en Sabucedo.
- As Festas do Apóstol Santiago.
- O Camiño de Santiago.
Dende hoxe ata o día 28 deste mes tedes oportunidade para votar por algunha delas; e se non por outra que vos guste máis ou pensedes que o merece máis. Xa o dixen, hai 45 para elexir e podedes votar hasta dez veces; eso sí, cada vez unha diferente (non sexades trampeiros). Para votar, pulsade aquí.
jueves, 20 de noviembre de 2008
COPA DAVIS 2008
España non ten moito ó seu favor, que digamos. A ausen- cia de Nadal pola súa lesión, o xogar fóra de casa e o estado da pista, que según os tenista españois é irregular, fan ós arxentinos os grandes favoritos. Pero como se di que a esperanza é o último que se perde, pois a poñer as esperanzas e ilusións nos outros 4 tenistas españois que asisten, que non son números 1 pero seguen sendo bos. David Ferrer, Fernando Verdasco, Feliciano López e Marcel Granollers intentarán calarlle as boca a eses arxentinos.


Como se decía fai uns meses... A POR ELLOS...
martes, 4 de noviembre de 2008
PREMIOS ONDAS 2008 (televisión)

NOTA: Que conste que o que vai en cursiva e entre comillas non o digo ou penso eu, senon o xurado que votou.
lunes, 3 de noviembre de 2008
PREMIOS ONDAS 2008 (música)
-Mellor canción ---> Kamikaze (Amaral).
-Mellor artista ou grupo español ---> ECDL.

-Ondas especial do xurado ---> Diego el Cigala e Pitingo.
viernes, 24 de octubre de 2008
PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
O tenista Rafa Nadal, que figuraba entre outros candidatos como o atleta Usain Bolt ou o nadador Michael Phelps, recollerá o galardón na categoría de Deportes. Se é que este rapaz está que non para. Gaña todo, consigue ser o número un do mundo e agora convértese en premio príncipe de asturias. Un choio, vaia.
Na categoría de Comunicación e Humanidades o galardonado é Google, considerado como o mellor buscador de internet da historia. Figuraba entre outros buscadores como Wikipedia ou Magnum Photos. O xurado xustifica a decisión de conceder o premio a Google "por poñer de forma instantánea e selectiva ó alcance de millóns de persoas a canle de internet e por favorecer o acceso xeneralizado ó coñecemento".Outros galardonados son: en Artes, o Sistema Nacional de Orquestas Xuvenís e Infantís de Venezuela; en Ciencias Sociais, o filósofo búlgaro Tzvetan Todorov; en Letras, a novelista canadiense Margaret Atwood; e en Concordia, a política colombiana Ingrid Betancur.















