Mostrando las entradas con la etiqueta Santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Santiago. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de julio de 2009

SANTIAGO MEDIEVAL



Despois de rematar a época de exames e de firmar o novo contrato do piso, alá marchamos á zona vella para dar un paseiño polo II Mercado Medieval que hai montado por alí. Inaugurouse hoxe ás 12 do mediodía e durará ata o domingo día 5. Exténdese por prazas como A Quintana, Platerías, Cervantes, San Martiño ou Acibachería, entre outras.


A pesar de ser un día entre semana, destacar que había bastante xente e, sobre todo, nenos (xa que había varias actividades dedicadas a eles). Ademais, o día acompañaba bastante. O malo é que non se podía parar nos postos máis que de pasada (sobre todo na Quintana). Postos de bisutería, de doces, de roupa, de comida, de adornos, de amuletos e... de chucherías, que foi o que máis me chamou a atención. Todo era "a lo grande". Mirade que regalices ou tronquitos ou como lle chamedes.


Se tedes oportunidade, acercádevos ata alí que merece a pena. Por min, aínda volvo se alguén se anima.

martes, 19 de mayo de 2009

ASCENSIÓN '09

Mañá ás 12:00 da mañá empezan en Santiago as Festas da Ascensión, a segunda festa máis importante da cidade. Polo que puiden ver no programa festivo preséntanse bastante interesantes e divertidas.

Destacan grupos como Nena Daconte ou Delinqüen- tes como actuacións gratis no Campus Sur; os concertos de Rock na Ascensión no Multiusos Fontes do Sar; un monólogo de Nancho Novo no Teatro Principal. O que sí me decepcionou un pouco foi a contratación das orquestras, que sempre traían das mellorciñas de Galicia. A ver se se anima alguén a vir e pasar un bó rato nunhas festas onde hai moito que ver e moito que facer. Vamos, que se si se quere, un non se aburre.

miércoles, 15 de abril de 2009

DE LICENCIATURA




Hoxe tocou acto protocolario. O Acto de Licenciatura da miña prima; esa rubiaza que aparece comigo nas fotos e que moi amablemente me invitou a asistir. O que é en sí o acto, a "gala", a entrega de diplomas foi normaliña tirando a aburrid@. O mellor de todo, sen dúbida (e para min), a comida de despois. Alá marchamos os 5 para un restaurante (que non recordo o nome) do Monte do Gozo. Como entrantes camaróns e ensalada de vieiras, langostinos e setas e de segundo...cada un o seu. Variedade, sobre todo. Todo moi bonito e todo moi rico, pero non aplaudín tanto na miña vida.

sábado, 21 de junio de 2008

O MULTIUSOS CHEO



Éste é o resumo do concerto que Juanes ofreceu onte en Santiago. Non, non as saquei eu; oxalá. Se non fora polo precio da entrada podería haber sido eu, pero non me chega o presuposto pa tantos concertos. Según O Correo Galego encheu o Multiusos Fontes do Sar cas cancións dos seus 3 últimos discos. So espero que para a próxima vez que veña poida ir.

martes, 6 de mayo de 2008

GRAN CONCERTO

Este é un pequeno resumo do concerto do 15 de Abril en Santiago de ECDL . Sí, un pouco retrasado pero como non tiña como descargar as fotos...non puiden colgalas antes. Un pouquiño caro si que foi pero mereceu a pena.