
miércoles, 2 de septiembre de 2009
VERAN 2009

jueves, 2 de julio de 2009
SANTIAGO MEDIEVAL
Despois de rematar a época de exames e de firmar o novo contrato do piso, alá marchamos á zona vella para dar un paseiño polo II Mercado Medieval que hai montado por alí. Inaugurouse hoxe ás 12 do mediodía e durará ata o domingo día 5. Exténdese por prazas como A Quintana, Platerías, Cervantes, San Martiño ou Acibachería, entre outras.
A pesar de ser un día entre semana, destacar que había bastante xente e, sobre todo, nenos (xa que había varias actividades dedicadas a eles). Ademais, o día acompañaba bastante. O malo é que non se podía parar nos postos máis que de pasada (sobre todo na Quintana). Postos de bisutería, de doces, de roupa, de comida, de adornos, de amuletos e... de chucherías, que foi o que máis me chamou a atención. Todo era "a lo grande". Mirade que regalices ou tronquitos ou como lle chamedes.
sábado, 27 de junio de 2009
PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Pois sí, a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo en activo, xa é Patrimonio da Humanidade. Así se decidiu esta mesma tarde en Sevilla, na 33ª reunión celebrada pola UNESCO. Se é que estamos que nos salimos. É o 40º elemento nomeado patrimonio dentro de España e o 3º de Galicia. Esto significa que xa é un sitio cultural de "valor universal excepcional".lunes, 15 de junio de 2009
PARA QUE HAXA ALGO GALEGO
O "Bureau Internacional de Capitales Culturales" desarrolla a campaña de elección dos 10 tesouros do "Patrimonio Cultural Inmaterial de España" (dos 45 propostos) ca vontade de promover, divulgar, sensibilizar e salvagardar dito patrimonio.
Destacan algúns como as Fallas de Valencia, o Carnaval de Tenerife, a Feira de Abril de Sevilla, a Lenda dos Amantes de Teruel, a Romaría do Rocío de Huelva ou a Tradición da Virxe do Pilar de Zaragoza. Pero para que mirar as festas e tradicións do resto de España se na nosa terra tamén temos bos candidatos para poder estar entre os 10 gañadores. Os propostos en Galicia son:
- A Rapa das Bestas en Sabucedo.
- As Festas do Apóstol Santiago.
- O Camiño de Santiago.
Dende hoxe ata o día 28 deste mes tedes oportunidade para votar por algunha delas; e se non por outra que vos guste máis ou pensedes que o merece máis. Xa o dixen, hai 45 para elexir e podedes votar hasta dez veces; eso sí, cada vez unha diferente (non sexades trampeiros). Para votar, pulsade aquí.
jueves, 11 de junio de 2009
NOVAS NORMAS
1.- Un vehículo aparcado en zona azul sen o correspondente ticket non será retirado pola grúa, pero sí poderá ser multado.2.- Programar o navegador mentras se conduce ou aparcar en prazas para discapacitados será considerado falta grave, con multas de ata 200 €, e con retirada do vehículo no último caso por dificultar a movilidade de outros usuarios.
3.- Non se perderán catro puntos por "conducción de forma neglixente", por ser ambiguo e levar á confusión do conductor.
4.- Non se perderán puntos por parar ou estacionar en carril-bus, curvas, túneis, cambios de rasante, pasos inferiores e/ou interseccións. Só poderá ser multado.
5.- Non se perderán puntos por exceso de velocidade nas autopistas de acceso á cidade, incluso nas limitadas a 80 km/h, sempre e cando non se sobrepasen os 130 km/h.
6.- Permitiranse os avisadores de radar, aínda que serán sancionables os dispositivos que inhiban os propios sistemas de control instalados pola DGT.
7.- Deixa de ser obrigatorio levar a documentación do coche, xa que será a Administración a que comprobe que o vehículo conta con tódolos permisos.
8.- O desconto por pagar pronto as multas aumenta a un 50% do importe de dita multa, podéndose pagar no mesmo momento da denuncia e con tarxeta de crédito.
9.- O Goberno estará obrigado a financiar, con todo o recaudado cas multas, a seguridade vial (supresión dos puntos negros, sustitución dos quitamedos perigosos, etc).
Supoño que xa case todos estaredes ó tanto destas novas normas de tráfico impostas pola nova Ley de Seguridade Vial, se vedes as noticias ou ledes os periódicos. Estas son algunhas delas, porque creo que me deixei algunha por ahí. E poñoas para que estedes ben informados, aínda que non entrarán en vigor ata finais de ano.
Eu creo que me estou volvendo tola, porque dende que saquei o carné de conducir xa cambiaron moitas cousas...e eso que só fai 3 anos. Xa non sei nin por qué carril teño que ir. ¿A ver se vou resultar inglesa?
lunes, 25 de mayo de 2009
EFECTO BILLAR
Todas as semanas, en "El Hormiguero", hai unha sección chamada O Efecto Mariposa, da man de Marron. Para min unha das mellores seccións. Neste caso utilizan tres billares cas súas correspondentes bolas e unhas fichas de dominó para realizalo. Cabe destacar o ben que o pasa o super invitado co baile tan orixinal e pegadizo do colaborador. Pero se non queredes ver máis que o experimento...pasade ó minuto 3:18. A disfrutalo!!!!
martes, 19 de mayo de 2009
ASCENSIÓN '09
Destacan grupos como Nena Daconte ou Delinqüen- tes como actuacións gratis no Campus Sur; os concertos de Rock na Ascensión no Multiusos Fontes do Sar; un monólogo de Nancho Novo no Teatro Principal. O que sí me decepcionou un pouco foi a contratación das orquestras, que sempre traían das mellorciñas de Galicia. A ver se se anima alguén a vir e pasar un bó rato nunhas festas onde hai moito que ver e moito que facer. Vamos, que se si se quere, un non se aburre.

lunes, 11 de mayo de 2009
DECORANDO AS CIDADES
Todos tedes visto algunha vez na tele, en fotos ou en persoa este tipo de arte. Persoalmente, penso que é unha forma orixinal de decorar as rúas e que se debería utilizar para darlle un pouco maís de colorido e de alegría a tódalas cidades do mundo; claro que dun xeito controlado, senon acabaría por aburrir. E buscando outro tipo de material, porque a tiza...duraría pouco.

(Pinchando nelas vense mellor).









