domingo, 24 de enero de 2010

CURIOSAS ANIMACIÓNS



¿Virádelas algunha vez? Hai moitas en Youtube, pero esta foi unha das que máis me gustou. Disque se chaman "animacións flash". Para pasar o tempo están ben ¿non? Acordeime dun correo que me mandaran fai tempo e dixen...para o blog de cabeza, que o teño abandonado. A disfrutalo.

martes, 12 de enero de 2010

ADQUISICIÓNS MUSICAIS



Estos son os dous últimos discos orixinais que chegaron ás miñas mans. O primeiro, "Paraíso Express", apareceu o día de Reis (xa que llo pedira) e o segundo, "Por mí y por todos mis compañeros", (que tamén pedín, pero non houbo maneira) merqueino hoxe co pretexto das rebaixas. Por escribir algo máis, decir que os dous están bastante ben. Alejandro Sanz parece que por fin cambiou o estilo dos tres últimos cd's e El Canto del Loco fai a súa particular versión dalgunhas cancións dos '80.

martes, 10 de noviembre de 2009

REGALO SORPRESA

O venres cheguei á casa e miña nai tíñame un pequeno regalo...que xa pedira fai tempo, un novo móbil. Pero como tiña que esperar a que finiquitara o contrato de Vodafone... Agora xa é Orange e, polo menos, non ten que saír á fiestra a falar por teléfono.

Volvo a ser Nokia...por fin (5800 ExpressMusic, pa' ser máis exacta). Moita tecnoloxía xunta para min, que son un pouco cateta con algunhas destas cousas modernas. Xa tiña ganas dun pequeno cambio.


Agora temos dous móbiles ós que non lles damos uso ningún. Se sabedes dalgún interesado que necesite algún avisade, que o prezo é económico. Agora mesmo non me acordo dos nomes...pero actualizo para a semana e xa o poño. Ah, e son Vodafone.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

30 ANOS CON BARRIO SÉSAMO


Neste ano 2009 cúmplense 30 anos da primeira emisión de Barrio Sésamo en España (40 en EE.UU). Un programa educativo mediante bonecos e títeres que, aínda hoxe (un pouco máis cedo que antes, todo hai que dicilo), se sigue emitindo. Claro que sen Espinete nin Don Pimpón (ou como se escriba) nin moitos outros personaxes. A ver, agora decídeme...¿quén non almorzou con estos coloridos educadores? Eu tódalas mañás. Quen queira saber máis deste grupo de personaxes pulsade aquí.

jueves, 29 de octubre de 2009

DESCUBRINDO...

Sei que os que ledes este blog non sodes seguidores dos meus gustos musicais. Pero gracias á serie "90 60 60 Diario secreto de una adolescente" (que, postos a falar, non é unha serie extremadamente boa, pero sí con unha banda sonora que me gusta) descubrín dous grupos que non están nada mal.

El Pacto é un grupo alicantino que xa é "medianamente coñecido" se escoitades a radio ou vedes o 40 Latino. Xa lanzaron dous singles. Ademais foron descubertos no programa de Buenafuente, nun apartado de novos talentos (ou algo así). Gustoume pola voz da tía, que é impresionante.




Bizarre é un grupo catalán cun só álbum de estudio á venta, como os anteriores. É a primeira vez que os escoito, pero non sonan mal. Todalas cancións están tamén en catalán. Gustoume, tamén, pola voz da tía que, neste caso, é máis dulce.

lunes, 19 de octubre de 2009

A VIDA...EN 5 BOTELLAS

Por cortesía de Martiña, vía e-mail, esta foto de (como di o título) a vida resumida en cinco botellas. Cada un que cambie a terceira botella pola que el/ela queira.E como non teño moitas ideas para actualizar este blog... Polo menos algo de humor. A ver se se vos asoma unha son- risilla.

lunes, 5 de octubre de 2009

PARAÍSO EXPRESS

Despois de 3 anos fóra do mercado musical e dentro de problemas e rumores que nada teñen que ver ca música, volve o artista que marcou a miña infancia. E volve cun disco que, espero, non ten que ver cos 2 anteriores. "Paraíso Express" sae á venta o 10 de Novembro e para a presentación fará oito concertos en Madrid. O primeiro single, "Looking for Paradise", xa sona en tódalas emisoras, no que colabora ademais Alicia Keys. Rara pero bonita (a canción, digo).

martes, 8 de septiembre de 2009

ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 5)

Tarde, pero aquí está o último vídeo de cancións da década dos '90. A ver agora que discurro para traer máis cousas de "Aqueles Anos". Acéptanse ideas. Desta edición escollería calquera delas pero voume quedar ca número 4. E ca 2, polos recordos que me trae. Dalgúns artistas preferiría poñer outras cancións, pero non atopei os vídeos. Non me extendo máis (porque non estou inspirada e non sei que poñer). Disfrutádeo.

  1. Veneno en la piel --> Radio Futura (1990).
  2. Lo echamos a suertes --> Ella Baila Sola (1996).
  3. La gota fría --> Carlos Vives (1993).
  4. Que bonito --> Rosario (1996).
  5. Burbujas de amor --> Juan Luis Guerra (1990).
  6. El 28 --> La Oreja de Van Gogh (1998).
  7. El lado oscuro --> Jarabe de Palo (1996).
  8. El talismán --> Rosana (1996).
  9. Las cosas de la vida --> Eros Ramazzotti (1993).
  10. Una rosa es una rosa --> Mecano (1991).

domingo, 6 de septiembre de 2009

AS DUAS LUAS

Así pretendían facer crer, cun bulo transmitido vía internet, que luciría o ceo da noite do pasado 27 de Agosto, con dúas lúas, debido o acercamento de Marte á Terra. Un fenómeno que non volvería ocurrir ata o 2287. Pero para que esto fose certo, Marte tería que acercarse a tan só 780.000 Km da Terra. Se chegara a ocurrir, o tirón gravitatorio do "novo satélite" dobraría a potencia das mareas terrestres e as cidades costeiras sufrirían as consecuencias. Por sorte para todos, o planeta vermello atopábase a 250 millóns de Km da Terra.

A orixen deste bulo está nun feito real sucedido en 2003, cando houbo o maior acercamento do planeta Marte á Terra (en 600 siglos); situouse a 56 millóns de Km. Marte contemplouse a simple vista, pero como unha estrela. Eso sí, especialmente brillante (o que volverá pasar no famoso ano 2287). A pesar de que este feito é desmentido ano tras ano, cada 27 de agosto o rumor volve a circular pola rede.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

VERAN 2009

Xa estou de volta por estes lares, despois de 2 meses. E como sempre, un pequeno resume das vacacións veraniegas. Un verán sinxelo, pero ameno. Un paseiño pola Feira Medieval de Noia, uns días de relax familiar en Portosín, coa súa correspondente visita obrigada (anual) ós Castros de Baroña e ó monte da Curota, e unha cenola na Carixa, entre outras cousas (pero non saquei moito a cámara de festa). Vamos, a rutina de tódolos anos. Pero, ás veces, é mellor o malo coñecido que o bo por coñecer, ou eso se di.







jueves, 2 de julio de 2009

SANTIAGO MEDIEVAL



Despois de rematar a época de exames e de firmar o novo contrato do piso, alá marchamos á zona vella para dar un paseiño polo II Mercado Medieval que hai montado por alí. Inaugurouse hoxe ás 12 do mediodía e durará ata o domingo día 5. Exténdese por prazas como A Quintana, Platerías, Cervantes, San Martiño ou Acibachería, entre outras.


A pesar de ser un día entre semana, destacar que había bastante xente e, sobre todo, nenos (xa que había varias actividades dedicadas a eles). Ademais, o día acompañaba bastante. O malo é que non se podía parar nos postos máis que de pasada (sobre todo na Quintana). Postos de bisutería, de doces, de roupa, de comida, de adornos, de amuletos e... de chucherías, que foi o que máis me chamou a atención. Todo era "a lo grande". Mirade que regalices ou tronquitos ou como lle chamedes.


Se tedes oportunidade, acercádevos ata alí que merece a pena. Por min, aínda volvo se alguén se anima.

sábado, 27 de junio de 2009

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Pois sí, a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo en activo, xa é Patrimonio da Humanidade. Así se decidiu esta mesma tarde en Sevilla, na 33ª reunión celebrada pola UNESCO. Se é que estamos que nos salimos. É o 40º elemento nomeado patrimonio dentro de España e o 3º de Galicia. Esto significa que xa é un sitio cultural de "valor universal excepcional".

lunes, 15 de junio de 2009

PARA QUE HAXA ALGO GALEGO

O "Bureau Internacional de Capitales Culturales" desarrolla a campaña de elección dos 10 tesouros do "Patrimonio Cultural Inmaterial de España" (dos 45 propostos) ca vontade de promover, divulgar, sensibilizar e salvagardar dito patrimonio.

Destacan algúns como as Fallas de Valencia, o Carnaval de Tenerife, a Feira de Abril de Sevilla, a Lenda dos Amantes de Teruel, a Romaría do Rocío de Huelva ou a Tradición da Virxe do Pilar de Zaragoza. Pero para que mirar as festas e tradicións do resto de España se na nosa terra tamén temos bos candidatos para poder estar entre os 10 gañadores. Os propostos en Galicia son:


  1. A Rapa das Bestas en Sabucedo.
  2. As Festas do Apóstol Santiago.
  3. O Camiño de Santiago.

Dende hoxe ata o día 28 deste mes tedes oportunidade para votar por algunha delas; e se non por outra que vos guste máis ou pensedes que o merece máis. Xa o dixen, hai 45 para elexir e podedes votar hasta dez veces; eso sí, cada vez unha diferente (non sexades trampeiros). Para votar, pulsade aquí.

jueves, 11 de junio de 2009

NOVAS NORMAS

1.- Un vehículo aparcado en zona azul sen o correspondente ticket non será retirado pola grúa, pero sí poderá ser multado.
2.- Programar o navegador mentras se conduce ou aparcar en prazas para discapacitados será considerado falta grave, con multas de ata 200 €, e con retirada do vehículo no último caso por dificultar a movilidade de outros usuarios.
3.- Non se perderán catro puntos por "conducción de forma neglixente", por ser ambiguo e levar á confusión do conductor.
4.- Non se perderán puntos por parar ou estacionar en carril-bus, curvas, túneis, cambios de rasante, pasos inferiores e/ou interseccións. Só poderá ser multado.
5.- Non se perderán puntos por exceso de velocidade nas autopistas de acceso á cidade, incluso nas limitadas a 80 km/h, sempre e cando non se sobrepasen os 130 km/h.
6.- Permitiranse os avisadores de radar, aínda que serán sancionables os dispositivos que inhiban os propios sistemas de control instalados pola DGT.
7.- Deixa de ser obrigatorio levar a documentación do coche, xa que será a Administración a que comprobe que o vehículo conta con tódolos permisos.
8.- O desconto por pagar pronto as multas aumenta a un 50% do importe de dita multa, podéndose pagar no mesmo momento da denuncia e con tarxeta de crédito.
9.- O Goberno estará obrigado a financiar, con todo o recaudado cas multas, a seguridade vial (supresión dos puntos negros, sustitución dos quitamedos perigosos, etc).


Supoño que xa case todos estaredes ó tanto destas novas normas de tráfico impostas pola nova Ley de Seguridade Vial, se vedes as noticias ou ledes os periódicos. Estas son algunhas delas, porque creo que me deixei algunha por ahí. E poñoas para que estedes ben informados, aínda que non entrarán en vigor ata finais de ano.
Eu creo que me estou volvendo tola, porque dende que saquei o carné de conducir xa cambiaron moitas cousas...e eso que só fai 3 anos. Xa non sei nin por qué carril teño que ir. ¿A ver se vou resultar inglesa?

lunes, 25 de mayo de 2009

EFECTO BILLAR

Do seguinte vídeo xa fai unhas semanas, pero gustoume tanto que decidín colgalo. E teño esto un pouco olvidado. Ó mellor xa o vistes todos (ou case todos), pero correrei ese riesgo. Ademais, só polo invitado, xa vale a pena enseñalo.

Todas as semanas, en
"El Hormiguero", hai unha sección chamada O Efecto Mariposa, da man de Marron. Para min unha das mellores seccións. Neste caso utilizan tres billares cas súas correspondentes bolas e unhas fichas de dominó para realizalo. Cabe destacar o ben que o pasa o super invitado co baile tan orixinal e pegadizo do colaborador. Pero se non queredes ver máis que o experimento...pasade ó minuto 3:18. A disfrutalo!!!!

martes, 19 de mayo de 2009

ASCENSIÓN '09

Mañá ás 12:00 da mañá empezan en Santiago as Festas da Ascensión, a segunda festa máis importante da cidade. Polo que puiden ver no programa festivo preséntanse bastante interesantes e divertidas.

Destacan grupos como Nena Daconte ou Delinqüen- tes como actuacións gratis no Campus Sur; os concertos de Rock na Ascensión no Multiusos Fontes do Sar; un monólogo de Nancho Novo no Teatro Principal. O que sí me decepcionou un pouco foi a contratación das orquestras, que sempre traían das mellorciñas de Galicia. A ver se se anima alguén a vir e pasar un bó rato nunhas festas onde hai moito que ver e moito que facer. Vamos, que se si se quere, un non se aburre.

lunes, 11 de mayo de 2009

DECORANDO AS CIDADES

Todos tedes visto algunha vez na tele, en fotos ou en persoa este tipo de arte. Persoalmente, penso que é unha forma orixinal de decorar as rúas e que se debería utilizar para darlle un pouco maís de colorido e de alegría a tódalas cidades do mundo; claro que dun xeito controlado, senon acabaría por aburrir. E buscando outro tipo de material, porque a tiza...duraría pouco.




A maioría das imaxes son dun tal Julian Beever. Este británico fixa no pavimento debuxos de tiza en 3D utilizando un método chamado anamorfosis que, como podedes ver, crea unha ilusión óptica. Como últimamente estou un pouquiño espesa e non sei moi ben que curiosidade poñer neste blog...puxen arte en google e saíronme estas orixinais e interesante imaxes. Hai moitas máis, pero non era plan poñelas todas. Deixovos o traballo a vos, que non volo vou dar todo feito.
(Pinchando nelas vense mellor).

jueves, 30 de abril de 2009

GRANDES ARTISTAS

Onte empezou unha nova edición de Operación Triun- fo, a 7ª para ser máis exacto. E como tódolos anos, para poder entrar, fanse unha serie de castings onde cada ano piden máis experiencia e máis aprendizaxe. Pero non todos teñen a sorte (ou a desgracia) de pasalos, xa sexa polos nervios, polos gallos inapropiados ou, simplemente, por non saber cantar. Eso é o que lles pasa ós protago- nistas do seguinte vídeo.

Despois do famoso "The Best", de Tina Turner, cantado por unha pandilla de frikis nun campo de fútbol, preséntovos ós novos talentos españois (ou que viven en España). Porque sen duda, eu quédome ca china que lle canta ó chan. Que pouco sentido do ridículo teñen algúns. A disfrutalo!!!


miércoles, 15 de abril de 2009

DE LICENCIATURA




Hoxe tocou acto protocolario. O Acto de Licenciatura da miña prima; esa rubiaza que aparece comigo nas fotos e que moi amablemente me invitou a asistir. O que é en sí o acto, a "gala", a entrega de diplomas foi normaliña tirando a aburrid@. O mellor de todo, sen dúbida (e para min), a comida de despois. Alá marchamos os 5 para un restaurante (que non recordo o nome) do Monte do Gozo. Como entrantes camaróns e ensalada de vieiras, langostinos e setas e de segundo...cada un o seu. Variedade, sobre todo. Todo moi bonito e todo moi rico, pero non aplaudín tanto na miña vida.

miércoles, 1 de abril de 2009

PRIMEIRO ANIVERSARIO

Pois sí, así é. Hoxe fai un aniño que decidín crear este blog para deixar constancia das miñas ideas, os meus gustos, os meus recordos. Xa se dí que un blog é coma unha especie de diario e, posto que escribir a man cansa moito... Ademais, así, a xente disfruta das miñas MAGNÍFICAS historias; aínda que só un número reducido de persoas (3, como moito 4) o lean e o comenten e o disfruten. Ala, a felicitar ó meu blog cas vosas mellores felicitacións (valga a redundancia).

FeLiCiDaDeS!!!!!!!