Ainsss...pero que "potito" me quedou.
lunes, 15 de diciembre de 2008
NESTAS FECHAS...
Ainsss...pero que "potito" me quedou.
miércoles, 10 de diciembre de 2008
ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 2)
Outro pequeno video con cancións de antes que, como xa dixen, foron éxitos nos anos 90, marcaron unha época ou simplemente a min. Vale, xa sei que se me colou algún de uns cantos anos antes pero que importa eso. O que conta é recordar. So espero que vos guste.
Se tivera que escoller unha entre as dez cancións... quedaríame ca de Celtas Cortos.
- Pisando fuerte --> Alejandro Sanz. (1991)
- Azúcar amargo --> Fey. (1996)
- Fruta fresca --> Carlos Vives. (1999)
- Siete vidas --> Antonio Flores. (1994)
- La senda del tiempo --> Celtas Cortos. (1991)
- Hijo de la luna --> Mecano. (1986)
- La bilirrubina --> Juan Luis Guerra. (1990)
- Clavado en un bar --> Maná. (1997)
- Puedes llegar --> Varios Artistas. (Atlanta '96)
- Solo se vive una vez --> Azúcar Moreno. (1996)
jueves, 4 de diciembre de 2008
PONLLE FRENO
O Parlamento cántabro xa aprobou esta iniciativa, por unanimidade. Se queres que esto pase na túa comunidade so tes que firmar. Para os que non o fixestes aínda e non queirades andar buscando na páxina oficial, aquí vos deixo onde o tedes que facer. Só se necesita nome e DNI. Fácil ¿non? Ademais...non costa nada.
miércoles, 3 de diciembre de 2008
A LAMBADA
martes, 2 de diciembre de 2008
FELICES FESTAS...CON FREIXENET

lunes, 1 de diciembre de 2008
DÚAS POR UNHA
Onte foi o cumpleanos destas rapazas que, aínda que parezan unha, son dúas distintas e... moi distintas, asegúroo. Pois eso, que me olvidei de mandarlle o mensaxiño de rigor que se manda por estes días e mandeillo hoxe, que máis vale tarde que nunca. E como non sabía con que actualizar esto... pois ahí queda.¡¡¡¡¡MoiTaS FeLiCiDaDeS!!!!!
lunes, 24 de noviembre de 2008
SEGUNDAS PARTES
Este venres 28 volven á gran pantalla Melman, Marty, Álex, Gloria e amigos para estrenar esta película, Madagascar 2. Película que teño ganas de ver porque a primeira parte gustoume,aínda que escoitei moitas veces eso de "segundas partes nunca son boas". Pero non sempre é así. E creo que neste caso vai estar ben. Para comprobalo que mellor que ir a vela ¿non? jueves, 20 de noviembre de 2008
COPA DAVIS 2008
España non ten moito ó seu favor, que digamos. A ausen- cia de Nadal pola súa lesión, o xogar fóra de casa e o estado da pista, que según os tenista españois é irregular, fan ós arxentinos os grandes favoritos. Pero como se di que a esperanza é o último que se perde, pois a poñer as esperanzas e ilusións nos outros 4 tenistas españois que asisten, que non son números 1 pero seguen sendo bos. David Ferrer, Fernando Verdasco, Feliciano López e Marcel Granollers intentarán calarlle as boca a eses arxentinos.


Como se decía fai uns meses... A POR ELLOS...
miércoles, 19 de noviembre de 2008
OS PRACERES COTIÁNS
Pois tócame responder ó Meme que me chega gracias á señorita Meris, sobre os praceres cotiáns. Que din que son esas cousas que facemos normalmente e non lle damos a importancia que debería ter. Coincido nalgúns con ela pero para non copiar ou repetir intentarei poñer outros, que hai moitos na vida (por sorte).- Escoitar música. E tanto me da que sexa cos cascos mentres vou no bus como cando me quedo soa na casa e a poño a todo volumen. O que quero é desconectar.
- As conversacións/bromas que se teñen na casa dos meus avós un domingo calquera despois de comer, cando estamos todos ou case todos.
- Neses días de praia, sentarme na orilla a esperar que cheguen as pequenas olas mentres penso nas miñas cousas, falo con miña nai de tonterías ou vexo ós rapaces xogar.
- Esa media volta que se da unha vez que toca o despertador por primeira vez na mañá.
- Un bo puzzle. Venme de familia. Fai falta moita paciencia pero reláxame moitisimo e máis cando non hai nada que facer. O malo son as cervicais, que doen.
- Os bicos e abrazos. Veñan de quen veñan, pero que sexan sinceros.
martes, 18 de noviembre de 2008
DÚAS GRANDES VOCES

E chámanme a atención porque son dúas cantantes que seguín dende que saiu o seu primeiro disco, ainda que Amaia estivera con LOVG. Constan de 14 e 12 temas novos, respectivamente, algún con colaboracións. Terei que baixalos ou grabalos de outros, que a miña economía non é para botar cohetes. E con esto da crisis... so queda eso. Terei que buscar un traballo.
martes, 11 de noviembre de 2008
CADA ANO O MESMO

lunes, 10 de noviembre de 2008
ALGUNHAS CANCIÓNS DE ANTES (Parte 1)
- Inevitable --> Shakira. (1998)
- Otro día más sin verte --> Jon Secada. (1992)
- No sé si es amor --> Roxette. (1996)
- La copa de la vida --> Ricky Martin. (1998)
- Desesperada --> Marta Sánchez. (1993)
- Sin documentos --> Los Rodriguez. (1993)
- Estoy por ti --> Amistades Peligrosas. (1991)
- Laura no está --> Nek. (1997)
- Entender el amor --> Mónica Naranjo. (1997)
- Se fue --> Laura Pausini. (1994)
jueves, 6 de noviembre de 2008
WATER MULTIUSOS
Acabouse xogar cos botes de xel, contar os debuxos das baldosas e poñerlle formas, levar revistas para entreterse, mirar ó teito e moitas cousas máis, mentres fas as túas cousas. Agora terás todo un piso no teu cuarto de baño. Ideal para eses pisos modernos de hoxe en día que miden menos que unha habitación normal. Máis de un que eu sei estaría na gloria con este invento. Equipado con:
·Televisor de pantalla plana con soporte móvil.
·Xbox 360.
·Reprouctor DVD.
·Reproductor de audio con base dock no soporte do papel hixiénico.
·Megáfono.
·Nevera..
·Cafetera.
·Portátil con conexión Wifi.
·Ventilador.
·Pedales para facer exercicio.
·Lámpara.
·Un par de cousas máis que non sei que son.
martes, 4 de noviembre de 2008
PREMIOS ONDAS 2008 (televisión)

NOTA: Que conste que o que vai en cursiva e entre comillas non o digo ou penso eu, senon o xurado que votou.
lunes, 3 de noviembre de 2008
PREMIOS ONDAS 2008 (música)
-Mellor canción ---> Kamikaze (Amaral).
-Mellor artista ou grupo español ---> ECDL.

-Ondas especial do xurado ---> Diego el Cigala e Pitingo.
viernes, 31 de octubre de 2008
A NENA DOS MEUS OLLOS





Aínda que pasen os anos, sempre será a nena dos meus ollos. Porque con 1 aniño viña para Cruces e só quería durmir comigo; porque con 2 anos piropeaba ós rapaces que me gustaban; porque durmindo dábache bicos (aínda que chegara a resultar empalagosa); porque con tres/catro anos veu vivir a Cruces e eu (en maior parte) fun quen a coidei durante algúns anos. E podería seguir pero estenderíame moito.
Pois esta nena xa se está convertindo en chica. Maña cumple os 14 anos e xa non me fai o mesmo caso, pero non me importa. Sempre será a miña nena (repito). Así que peque... ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! E que cumplas moitos máis e mellores.
HALLOWEEN
Dise que na noite de Halloween, a porta que separaba o Mundo dos Vivos do Máis Alá abríase e os espíritus dos defuntos facían unha procesión nos pobos nos que vivían. Nesa noite os espíritus visitaban as casas dos seus familiares e para que non perturbasen ós aldeanos, estes debían poñer unha vela na fiestra da súa casa por cada difunto que houbese na familia. Se había unha vela como recordo de cada defunto, os espíritus non molestaban ós seus familiares; se non era así perturbábanos pola noite e facíanlles caer en terribles pesadillas. É típico deste día decorar calabazas con caras terroríficas, así como adornar as casas con motivos que den medo e recorrer as casas disfrazados e con bolsas vacías para enchelas de caramelos despois de responder á pregunta "¿Dulce o trato?"Será moi chula, pasarase moi ben e todo o que vos queirades, non o discuto, pero para min sempre será unha americanada. Quédome ca festa do magosto que teremos esta noite en Oirós. Onde vai parar.
miércoles, 29 de octubre de 2008
ENTRANDO NA CUARENTENA
Cuarenta, nada máis e nada menos. Pero...a que non se lle botan? Se é que a todos nos chega o turno. E eu estou aquí pa descubrir a edade de todos. Durante todo este ano non puiden ir a ningún cumpleanos familiar, porque non fun o seu e se non enfadábase. A empezar de novo o ciclo. Esto de ter unha familia tan grande....viernes, 24 de octubre de 2008
PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS
O tenista Rafa Nadal, que figuraba entre outros candidatos como o atleta Usain Bolt ou o nadador Michael Phelps, recollerá o galardón na categoría de Deportes. Se é que este rapaz está que non para. Gaña todo, consigue ser o número un do mundo e agora convértese en premio príncipe de asturias. Un choio, vaia.
Na categoría de Comunicación e Humanidades o galardonado é Google, considerado como o mellor buscador de internet da historia. Figuraba entre outros buscadores como Wikipedia ou Magnum Photos. O xurado xustifica a decisión de conceder o premio a Google "por poñer de forma instantánea e selectiva ó alcance de millóns de persoas a canle de internet e por favorecer o acceso xeneralizado ó coñecemento".Outros galardonados son: en Artes, o Sistema Nacional de Orquestas Xuvenís e Infantís de Venezuela; en Ciencias Sociais, o filósofo búlgaro Tzvetan Todorov; en Letras, a novelista canadiense Margaret Atwood; e en Concordia, a política colombiana Ingrid Betancur.
miércoles, 22 de octubre de 2008
VIVAMOS COMO GALEGOSSSS...!!!
lunes, 20 de octubre de 2008
"...SIEMPRE COCA-COLA"
jueves, 16 de octubre de 2008
NOMES
De origen latino.
-Variante: Larissa.
-Características:
Tiene una gran necesidad de ser valorada. Sabe desenvolverse muy bien en todo tipo de ambientes. Es imaginativa y simpática, le interesa alternar con personas del mundo del arte.
-Amor:
Es protectora con su pareja.
-Personajes célebres:
Lara, heroína de la novela Doctor Zhivago, de Borís Pasternac.
-Naturaleza Emotiva:
Es amable y condescendiente. Suave, cordial, sagaz. Ama la armonía de las formas y los métodos persuasivos. Le gusta sentirse alabado.
-Naturaleza Expresiva:
Es exigente. Se expresa en forma original en la intimidad y en la integridad. Se distingue por su delicadeza. Ama el buen criterio y el misterio. Busca la aprobación.
-Talento Natural:
Es mente de pensamiento desbordado. Se expresa como pensador inspirado que eleva las ideas y hace de cada idealización una realización. Recibe aumento en labores que requieren de la comunión de su pensamiento con la cosa pensada. Labores más bien cerebrales que manuales. Ama las cosas del pensamiento, más al crearlas que al disfrutarlas. Podría destacar en profesiones como médico, enfermero, filántropo, abogado, escritor, pintor, bailarín o en labor comunitaria, sirviendo al público.
-Nº de la suerte: 9
Se vos interesa consultar o voso nome as webs utilizadas son: 1 e 2. P.D: Seguramente poidades consultar outras páxinas, porque o que é eu... debenlle ter manía ó meu nome.
jueves, 9 de octubre de 2008
QUEN TRIUNFARÁ MÁIS...???
"El último vals" ------> La Oreja de Van Gogh
"Quiero ser" ------> Amaia Montero
martes, 7 de octubre de 2008
...E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!
Ainsss, o meu pequeniño xa se fai maior. Todos tiñan que facer coma ti: a máis anos, máis enerxía. Se estás coma de 15, aínda que caian 28 (teño que dicir a idade, sintoo). Agora toca invitar a algo, polo menos a min que son a que máis te quere, jejeje. Este ano será mellor que o anterior, e o próximo aínda máis e...así cada ano que pase. E dille a ese catarro que marche xa, que estás de cumpreanos e que o finde tes que celebralo. lunes, 6 de octubre de 2008
O NOSO GALEGO
· ¿E ti de que te ris, furabolos? ---> O imperio contraataca.
· Vai ao carallo… ---> Rambo.
· Eu son o mais duro do oeste e non a perrecha de tua nai ---> Unha de vaqueiros.
· ¡Eh ti!, o do pelo de castrón ---> Outra de vaqueiros.
· Trabucacheste cazoleiro.
· A rañala raparigo (en vez de sayonara baby) ---> Terminator.
· Meu día, meu día (en vez de may day ) ---> Unha de avións da guerra.
· ¡Ei!, non nos chupemos a pirola todavia ---> Pulp fiction.
· Sue Ellen,estás bébeda e,ademáis,es un pendón ---> Dallas.
· ¿Queres comerme a perrecha? ---> Abierto hasta el amanecer.
· Voute matar monte de merda mamalón do carallo.
· Ese é Ryotsu, o home máis feo, túzaro e baldreu ---> Unha de japos.
· Vouche voar os miolos ---> Pulp fiction.
· ¿Como? ¿Fodiches nela? Ti ves unha perrecha e poste tolo ---> Instinto basico.
· Es un pinpín, songoku ---> Bola do Dragón.
· “Wayne´s world, que esmendrelle” ---> “Wayne´s world , que desparrame”.
· Carallo, un alien! ---> Allien.
· Levanta a saia, comeza a troula ---> Unha do vaqueiros.
· ¡Santos morcegos Batman! ¿Chamamos ó comisionado Gordon? ---> Batman
· “Con faldas e a rachar” ---> “Con faldas y a lo loco”.
jueves, 2 de octubre de 2008
UN GRAN ACTOR



Foi actor, director e productor, gañou tres Óscar e catro Globos de Ouro, fundou unha línea de productos alimenticios ("Newman's Own") e a súa paixón era o automovilismo. Citar películas como "La gata sobre el tejado de zinc", "Dos hombres y un destino", "El coloso en llamas", "El color del dinero" ou "Camino a la perdición", a súa última película. Atopei un vídeo homenaxe e quero compartilo con vos.


















