domingo, 6 de septiembre de 2009

AS DUAS LUAS

Así pretendían facer crer, cun bulo transmitido vía internet, que luciría o ceo da noite do pasado 27 de Agosto, con dúas lúas, debido o acercamento de Marte á Terra. Un fenómeno que non volvería ocurrir ata o 2287. Pero para que esto fose certo, Marte tería que acercarse a tan só 780.000 Km da Terra. Se chegara a ocurrir, o tirón gravitatorio do "novo satélite" dobraría a potencia das mareas terrestres e as cidades costeiras sufrirían as consecuencias. Por sorte para todos, o planeta vermello atopábase a 250 millóns de Km da Terra.

A orixen deste bulo está nun feito real sucedido en 2003, cando houbo o maior acercamento do planeta Marte á Terra (en 600 siglos); situouse a 56 millóns de Km. Marte contemplouse a simple vista, pero como unha estrela. Eso sí, especialmente brillante (o que volverá pasar no famoso ano 2287). A pesar de que este feito é desmentido ano tras ano, cada 27 de agosto o rumor volve a circular pola rede.

3 comentarios:

Meris dijo...

mmmm, curiosa clase de astronomia...
Esa foto recordame a lua vermella, que agora mesmo non recordo cal e o extraño fenomeno polo que se ve asi, pero eu a primeira vez que a vin primeiro asusteime, e despois flipei!

oskar dijo...

pois nada, kedamos no 2287 un venres en pazos as 11 e imos mirar para a lua. e se tal oubeamos todos!
pero weno, non e tanto bulo, eu algunhas veces os sabados kando vou para kasa vexo as duas komo na foto, asi ke...

piti dijo...

pois k non se acerke moito k desa formas os marcianos teñen mais facil atacarnos