martes, 13 de enero de 2009

MARTES 13

Estou vendo o programa este de Cuatro, "Estas no son las noticias" e andan falando desto das supersticións e dixenme a min mesma...xa que hoxe é Martes 13, ¿por qué non colgar algo no blog sobre este tema? E visto o visto, que non se me ocurre nada que escribir estes días...

Agora decídeme, ¿credes nestas cousas? Existen miles e miles de supersticións, tanto para ben como para mal: pasar por debaixo dunha escaleira, cruzarse cun gato negro, abrir un paraugas dentro da casa, botarse sal, cruzar os dedos, tocar madeira, empezar o ano con algo vermello, etc etc etc. Eu, particularmente, con estas cousas teño máis sorte que menos. Non sorte de que me toque a lotería, ou aprobe todo, ou cousas dese estilo, senon que me vai un pouco mellor o día (e teñoo comprobado). Tamén pode ser eso que se chama casualidade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

pois eu, a verdade paso bastante dos temas estes, pero se vexo unha tixeira aberta sobre unha mesa ou asi, teño ke cerrala, e algo superior a min!
supoño ke seran, mais ben manias tontas, pero kando se kollen... eu ke sei
jejeje!

piti dijo...

eu tamen paso deses rollos ank hai k recoñecer k algunhas veces a hora de pasar x debaixo dunha escaleira me acordo de esa supersticion e penso:e se é verdade,enton miro e e se non hai nada encima dela pois paso con trankilidade.ah,espero k teñas sorte na loteria especialmente na deste venres kreo.