...todo parece tan bonito con esas luces nas rúas, eses escaparates todos adornados, eses bares con árbores de navidade. Pois a miña casa (weno, a de meus pais) non ia ser menos. E como son unha artistaza decorando árbores (modestia aparte)...aquí queda o meu. Para adornar a casa e para adornar esta páxina, que tamén celebra o Nadal.
Outro pequeno video con cancións de antes que, como xa dixen, foron éxitos nos anos 90, marcaron unha época ou simplemente a min. Vale, xa sei que se me colou algún de uns cantos anos antes pero que importa eso. O que conta é recordar. So espero que vos guste.
Se tivera que escoller unha entre as dez cancións... quedaríame ca de Celtas Cortos.
A plataforma Ponle Freno de Antena 3 e Onda Cero quere agora apoiar a señalización dos puntos negros e tramos perigosos das carreteras de toda España. Para eso necesita a colaboración de todos nós.
O Parlamento cántabro xa aprobou esta iniciativa, por unanimidade. Se queres que esto pase na túa comunidade so tes que firmar. Para os que non o fixestes aínda e non queirades andar buscando na páxina oficial, aquí vos deixo onde o tedes que facer. Só se necesita nome e DNI. Fácil ¿non? Ademais...non costa nada.
Jops, que recordos me trae esta canción. E atopeina de casualidade. Cando era unha retaca (de edade, pa' que non haxa vaciles nin comentarios ca miña estatura) encantábame bailala ca miña nai. Claro que non o facíamos tan ben. É normal, estos brasileiros son os reis do baile. O único que quería era ter unha desas falda; faldas de vuelo, como lle chamaba eu.
Se é que eu de pequena tiña moita arte, pero perdeuseme toda e non sei por qué. E que me decides deses dous rapaciños? Ainsss...teño que ir a clases de baile.
Volven as burbuxas Freixenet que desapareceron do anuncio o ano pasado, e fano da man das rapazas da selección española de natación sincronizada. Cousa que me encanta, pois paréceme realmente espectacular esas cousas que fan debaixo da auga. E ademais, as burbuxas sempre formaron parte do anuncio.
O anuncio sairá na pequena pantalla o día 8 (deste mes, obvio) e como pequeno adianto aquí queda unha parte del. Ou eso creo, porque supoño que será máis extenso; como de costumbre.
Onte foi o cumpleanos destas rapazas que, aínda que parezan unha, son dúas distintas e... moi distintas, asegúroo. Pois eso, que me olvidei de mandarlle o mensaxiño de rigor que se manda por estes días e mandeillo hoxe, que máis vale tarde que nunca. E como non sabía con que actualizar esto... pois ahí queda.