martes, 2 de septiembre de 2008

RESUMO VACACIONAL

Aínda que deixei unha entrada fai uns días...a miña volta á rutina comeza hoxe. Así que aquí vos deixo un pequeno resumo das miñas vacacións (que non foron malas). Algunhas cousas omítoas, porque senon...non me chega unha páxina para tódalas fotos.

CEA NO RÍO



A pesar de que case nos quedamos sen cea, foi unha noite chula. Moito frío, eso sí; pero estaba o coche-armario de Pol que, para ocasións así, nunca sobra.

FESTA MEDIEVAL DE NOIA



Chegar á unha do mediodía, instalarse no hotel, ir comer...e xa empezar a beber. Que máis da, un día é un día ¿non? Unha festa que a min, persoalmente, me gusta moito. E sempre o paso ben. ¿Porqué será?

UNS DÍAS DE PRAIA E PASEOS


Aproveitando que algúns afortunados estabamos de vacacións...¿porqué non sacar proveito delas? Un pouco de praia non ven nada mal. E así, de paso, coñecemos novos sitios.

DE BODA

Un sitio bonito, unha comida rica e unha compaña estupenda é a receta perfecta para pasar un día de boda. Ademáis dos noivos, claro. O que máis me gustou...: o céspede, para poder sacar os malditos tacóns. O que hai que sufrir por estar guapa. Un 10 para Marta e Dani.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola de novo pekeniña!!!
Pois non estiveron mal as vakacions, non...
Ainda ke weno, ka kompañia non me extrana!
grandes risas!!!!
Pois eso, para semana santa outra entrada destas, jejeje!

piti dijo...

si foron voas vacacions anke as miñas non duraron tanto kabronazos.para o ano repetimos mais ou menos o de este ano(haber a ken casamos).