jueves, 11 de junio de 2009

NOVAS NORMAS

1.- Un vehículo aparcado en zona azul sen o correspondente ticket non será retirado pola grúa, pero sí poderá ser multado.
2.- Programar o navegador mentras se conduce ou aparcar en prazas para discapacitados será considerado falta grave, con multas de ata 200 €, e con retirada do vehículo no último caso por dificultar a movilidade de outros usuarios.
3.- Non se perderán catro puntos por "conducción de forma neglixente", por ser ambiguo e levar á confusión do conductor.
4.- Non se perderán puntos por parar ou estacionar en carril-bus, curvas, túneis, cambios de rasante, pasos inferiores e/ou interseccións. Só poderá ser multado.
5.- Non se perderán puntos por exceso de velocidade nas autopistas de acceso á cidade, incluso nas limitadas a 80 km/h, sempre e cando non se sobrepasen os 130 km/h.
6.- Permitiranse os avisadores de radar, aínda que serán sancionables os dispositivos que inhiban os propios sistemas de control instalados pola DGT.
7.- Deixa de ser obrigatorio levar a documentación do coche, xa que será a Administración a que comprobe que o vehículo conta con tódolos permisos.
8.- O desconto por pagar pronto as multas aumenta a un 50% do importe de dita multa, podéndose pagar no mesmo momento da denuncia e con tarxeta de crédito.
9.- O Goberno estará obrigado a financiar, con todo o recaudado cas multas, a seguridade vial (supresión dos puntos negros, sustitución dos quitamedos perigosos, etc).


Supoño que xa case todos estaredes ó tanto destas novas normas de tráfico impostas pola nova Ley de Seguridade Vial, se vedes as noticias ou ledes os periódicos. Estas son algunhas delas, porque creo que me deixei algunha por ahí. E poñoas para que estedes ben informados, aínda que non entrarán en vigor ata finais de ano.
Eu creo que me estou volvendo tola, porque dende que saquei o carné de conducir xa cambiaron moitas cousas...e eso que só fai 3 anos. Xa non sei nin por qué carril teño que ir. ¿A ver se vou resultar inglesa?

2 comentarios:

oskar dijo...

pois oira algo na radio, pero non estaba eu informado tan minuciosamente...
pois parecenme todas ben, a verdade!
polo menos parece ke se akordan un poukiño do konduktor normal.
en fin, polo menos eso de ke a rekaudacion das multas vaia para a seguridade vial pareceme perfekto, tivo ke ser sempre asi. iwal lle pasa un pouko o sindrome de afan de rekaudacion ke tiñan ata agora.

Meris dijo...

como me mola a 9!!!! ata agora se non estou equivocada so era un 20%...