jueves, 24 de abril de 2008

AS LEIS DE MURPHY NA VIDA DIARIA

Fórmula para facer que soe o teléfono:
* Entre na ducha.
* Enxabónese ben a cabeza.
* Conte ata tres. Entón, soará o teléfono.
Nese momento abriranse dous camiños:
a) se o atende, era unha equivocación.
b) se non o atende, vinte días máis tarde enterarase de que era unha chamada importante.
Fórmula para facer que chova:
* Diga:”qué día tan bonito,oxalá siga así…”
* Lave o coche.
* Regue o xardín.
* Lave toda a roupa que teña e poñaa a secar.
* Organice unha barbacoa para a noite.
* Saia da casa a pe e sen abrigo.
Fórmula para botar limón ó pescado:
* Poña o pescado sobre o seu ollo dereito.
* Tome un limón e exprímao apuntando en cualquera dirección, nunca falla.
Fórmula para facer aparecer un autobús:
* Chegue á parada.
* Espere vinte minutos.
* Encéndase un cigarro e, na metade da primeira calada, aparecerá.
Nota: rexistráronse casos onde apareceron ata tres autobuses xuntos.
Fórmula para poder aparcar preto da casa:
* De tres voltas á manzana da sua casa buscando aparcamento.
* Péguese trinta minutos máis dando voltas nas 10 manzanas máis próximas.
* Termine aparcando finalmente noutro barrio a 30 minutos a pe da sua casa.
* Cando chegue á casa a pe, verá dous ou tres sitios vacíos diante dela.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cierto, o de aparcar é totalmente certo. Tamen pode pasar que des tres voltas, e a terceira haxa un sitio, pero resulta que aparca o que vai diante tua...

oskar dijo...

a verdade e ke pasan esas kousas...
o murphy ese ademais de pesimista era moi intelixente.
ke kontradiktorio... kon ese nome tan simpatiko (murphy e simpatiko, non?) e esa mentalidade... ke mal o debeu pasar no kole
murphy, amos xogar o futbol, non ke me lesiono...
murphy amos rekoller o premio da loteria, non ke o perdo...
murphy amos botar un kaskete, non ke me se rompe a pixa...
bufff, murphy tio, pasa de todo!